Ardora

 

(Escolma)

 

Pagina nueva 1




OFICIO DE POETA




Fun poeta grego
en tempos de Anacreonte,
e rapsoda na corte de Nínive.
Máis tarde cantei como bardo
o mar da fín do mundo,
e sempre vivín nas miñas cen vidas

coa pluma na man
e coa alma estremecida polo amor.

¿Lembras Antón, e ti Avilés,
os nosos banquetes sagrados
na compaña de Propercio e de Catulo?











ASÍ SE FUNDOU A ELEXÍA



Aquel día amargo
no que Aquiles matou a Héctor,
e con el á inocencia e á nobreza.
Un asalto ao corazón.
Pintura negra.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega