Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas

 

Escolma. "ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada..."

 

m1unovoneyraarrodeos001.html

                    Tódolos tempos tempiños son
                         pero a neve é gran prisión.

                                             Verbo antigo

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia/por Vilarrubín
a Ferramulín/pasados Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado/
hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara/Padrocelos de Martín
trovador/hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega