As pedras

 

(Texto íntegro)

 

v2rodriguezbaixeraspedras.html

     Era o vento o que empurraba o seu clamor: "non me preguntastes", cando os pais lle arrincaron a casa do lugar e, pedra a pedra, levárona para unha vila de inverno. O vento, toda a noite, a súa garganta traducindo o que o pai lle dicía. "quedaron pedras polo camiño". E el: "¿ti tamén, pai?".
     Ao mediodía, os barcos repousan no sur, as aves dormen, escintilantes. A nai, moi branca, os ollos modulando o baleiro. A casa prometida nunca terá fin, nunca, e ela sábeo.
     Cando o vento, ruxindo, volte de novo, ¿como atopar o que o pai lle dicía, como ler no delirio? Pero el debe procurar no escuro as pedras esparexidas e ir erguendo a murada —non contra o vento— contra todo iso.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega