A unha heorica resistente de Muxía

 

[Texto íntegro]

 

v2adelafigueroaheroica.html
     Desde o voluntariado de Lugo:
    
Desde que se organizaron os primeiros continxentes de voluntarios, de Lugo teñen saído muitas persoas para axudar a limpar A NOSA COSTA. Nun principio saían autobuses sábados e domingos cheos, e tamén algún polo medio da semana. Os voluntarios ben sabíamos ao que íbamos. Con frecuencia encontrábamonos con atrancos que só buscaban a nosa desmovilización, pero nos continuamos a ir a pesar de todo.
    
Ninguén ten que se sentir culpable nen avergoñado. Nós fomos limpar O NOSO PAÍS. O de todos. Porque é Galiza a que nos doe. A costa da Morte non é só dos de Muxía. Tamén é de todos os galegos que lle queren a Terra, e, incluso, dos que non lle queren. É tamén un trozo do Mundo, e, a pesar do seu alcalde (de Muxía) hai muita xente solidaria, co medio Ambiente, coa Terra, e coas persoas que habitan nela, sexan de Muxia ou doutro lugar.
    
Os que somos galegos, sabemos perfeitamente en que País habitamos. Sabemos como funciona a política caciquil, que comercia coa miseria da xente, repartindo prevendas, ou ameazando con retiralas se fose o caso.
    
Comprendemos que, como ti ben dis, antes desta marea negra xa existia outra, chamada falta de traballo, emigración dos mais novos, envellecimento da poboación, etc. Ou sexa todo aquelo que define a un povo deprimido. Non é tan dificil desde o poder traballar os 5000 votos de Muxia. Custa menos dedicarse a levar conselleiros, prometer subsidios, nunha palabra, volcarse con promesas coas pequenas poboacións da Costa da Morte que lle buscar unha solución ao problema global ocasionado polo afundimento do Prestige, ou elaborar un plano de desenvolvimento integral para esta zona que a saque do subdesenrolo. Un accidente, que a inoperancia dos que gobernan  transformou en desastre. Mentras, abren os caladoiros á pesca sen garantia ningunha, pondo en perigo o futuro da pesca en Galiza pola sobreexplotación que esto supón. Non se preocupe a muller de Muxía @s galeg@s sabemos que a luita é dura, pero tamén que compre continuar, porque, a pesar dos nosos governantes, o noso País o merece. E porque se non houbese as movilizacións que se deron en Galiza, é mui posible que agora non se estivese cobrando subsidio ningún.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega