BVG Atrás |
Catro poemas soltos (Escorzo de sombras e ausencias) |
||
|
(Texto íntegro) |
|
v1ilopeznovopoemas.html
CALAFRÍO
Envolto na grosa negrura nocturna
da rúa deserta
e sen embargo
como se todo me escrutase curuxento
Nin pechando os ollos
ser quen de atopar un agocho trala nada
Como se tamén a soidade
máis miña
estivese ocupada
en espreitarme
PROCESO DO PROPIO EXTRAVÍO
Logo de que un acepta
a sordidez do silencio como cilicio
un frío de abisal azul invade a alma
e como un incansable atleta
o tempo alanca polas datas
deixándonos unicamente na lembranza
días de barro
e cantos de paxaros rotos
E perdida xa a consciencia
de cando foi cedo
nesta absurda travesía
non somos quen de comprender
por que no espello
o propio reflexo
nos resulta cada vez
máis lonxano e máis alleo
FRIAXE Á RAXEIRA
Sentados á roda
na herba dunha tarde azul
mirando con aglaio
os ronseis das viaxes
Con tódalas preguntas imposibles
aínda por facer
e o arquivo dos soños
por estrear
Tamén el dende o seu tallo
tan lonxe no mesmo hoxe
mantiña o ollar atento
Coma se no seu ceo tremente
albiscase escorzos de sombras e ausencias
invisibles dende a nosa primavera
tan nova
VÍCTIMA
E
VICTIMADAEl dixéralle vaste acordar
e logo ela case non acorda
naquel leito de vermello seu
Confusa aínda
chegada a hora
non entende
que themis mude en pilatos
con obxecto de deixar a súa vida
outravolta
nas mans
do seu irrenunciable
destino
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |