Cerne das labaredas

 

 

v3ramoncarideogandocernedaslabaredas.html



O deserto fatal
Os ventos extraviados
os rumbos perdidos
os ollares incertos,
vellos esquecementos
pisando bandeiras murchas
en calquer mar sempre alleo
e aínda agardando.

Voraz, o horror repetido
lévanos ao intre
supremo do beixo
entre versos fundidos
en lonxanos naufraxios.

E nas nubens de ferruxe,
baixo das augas sólidas
do aire
en progresión descendente
volta tráxico a nós
o ferro do costume.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega