Debullar

 

[Escolma]

 

v2ricardomartinezcondedebullar.html

¡Algunhas manchas, sobre todo as persoais, son tan difíciles de disolver!



Vivir sen as dúbidas: río sen auga.



¡Escuras filosofías que só serven ó instinto!



Dicía que falaba cos seus antergos, pero en realidade so falaba co seu espello esfarelado.



Tiveron que operalo a intelixencia aberta e non o superou.



¡O hábito como herdo do instinto!



Nas persoas, como nas árbores, reparamos só accidentalmente. Non así no seu froito.



Vai máis aló dos atributos do ben o que poida florece-lo mal.



¿O temor como argumento para unha ética?



¿O fío que engarza o noso tempo?: as palabras. As ditas, as caladas.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega