Dende a opaca pátina do balcón pechado

 

(Texto íntegro)

 

v1yolandacastañoopaca.html


Desde a opaca pátina do balcón pechado.

(Retirada a cadeira contra a parede para non ver, un
proceso no que debo tapar os ouvidos con moita forza)
Dende a toupeza do aceno feral
dunha verde balsa onde non conseguín perderme,
e os ruídos fanse de máis
e o elemento
                         accidentes.
Desde o lugar exacto
dalgunha ausencia
lambo anacos de marfín desta matriz
e pecho os ollos nesta brancura da que xa non son princesa.

A autista vixiante no faiado, Lucía coa súa vida na bandexa.
Desde esta corda dun outeiro cego
nin ninfa nin altazor,
recodo de carqueixa onde borrarme.

Desde o fervor das trenzas que tanto custaron,
disciplina das trenzas das que ti non es valente.

Coma un deserto verde que vomite o meu deserto,
o sono dun mosteiro no que só se escoiten os meus berros.

Desde a paisaxe dun oco.
A miña desrelación co medio.

Que o branco palacio se fai fortaleza, e o labirinto unha presencia animal,
e de Triana imposible
e as habitacións
concéntricas.

Son eu na cripta e o meu nome dentro, debuxado de tiza.

Se entender esta presbicia
é cousa dalgún espacio,
verde
ou branco.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega