De cara á democracia galega

 

 

     Tense maxinado moito en col do tradicionalismo galego. Todol-os actos que deica o de agora se levaron a cabo na esfera social da Galiza, todos tuveron un acento reaicionario, conservador, pero conservador no senso de estatismo e retraso. Isto no tocante âs actuacións políticas, que son as que mais nos interesa comentar a todos aquiles que consideramos o problema galego, como un problema de cultura e de política.
     Cuase imos ben ourentados no senso cultural, pero no senso político imos moi lamentablemente. Coido eu que no orden político non levamos dirección sabida nin temos unha disciplina adecuada. Podo afirmalo. Porque o erro de Galicia foi o de non elaborar unha personalidade política de paso que, laboraba por unha personalidá literaria, cultural.
     Hoxe Galiza pode gabarse de ter unha xuventú bastante ben adiestrada nas tareas culturales. Poidéramos citar moitos nomes n-ista pequena divagación; pero o que non podemos facer é acusar unha sola persoalidá política, nin n-un orde nin n-outro. Seria moi triste que non tivéramos ista persoalidá cultural que temos, ista tradición lírica, ista fresca xuventú espiritual que podemos aparellar â de calquer pobo ibérico; pero é máis triste ainda, decir que non podemos contar con unha rolada de políticos conscentes, prestixiosos, acreditados no campo das actividades gobernamentales disciplinados por unha laboura edificante nas forxas cívicas da nacionalidade. Isto é o que mais nos fai estremecer, o que mais nos conmove, o que mais nos entristece. ¡E pensar que Galiza podía contar con un gran partido político formado por homes capaces de opórse a calquer zaramalladada seudo política. Galiza encerra en si todal-as posibilidades de un pobo que posee todal-as virtudes, todol-os dons, para vivir n-un réximen democrático verdá.
     Si me deran a min as libertades i-as garantías que me cómpren, eu daría palabra de reconstituir á Galiza n-unha franca comunidá democrática.


Xuan Xesús González


Santiago

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega