De paseo (Cantarolas)

 

[Texto íntegro]

 

v9anisiamirandacantarolas.html

CONTOS

Vouche contar un conto
de dous coellos,
un deles aínda mozo
e outro moi vello.

O coelliño mozo
día por día,
asistía á escola
onde aprendía.

E o coello moi vello
contaba estrelas
para, noite tras noite,
viaxar con elas.


DE PASEO

Aí vén a Caracola,
paso a pasiño;
non a apuren que trae
consigo o fillo.

Ela vai churrusqueira,
vai moi garrida;
leva unha flor moi branca:
a margarida.

O fillo pequerrecho
témelle ó sol
e leva de sombriña
un xirasol


CORRE, CORRE, MEU CABALO

Corre, corre, meu cabalo.
Trota, trota, fiel Luceiro.

Sube outeiros e montañas,
camiña fraga e xesteira,
baixa ó val, vai ás camposas,
galopa pola ribeira.

Lévame ó vello carballo,
cruza o piñeiral voando,
escoita o canto do merlo
que o seu niño está coidando.

Corre, corre, meu cabalo.
Trota, trota, fiel Luceiro.

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega