Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego

 

(Texto íntegro)

 

Pagina nueva 1
PEREGRINO
Salud, buen hombre. ¿Quereis
Enseñar á un peregrino
De Compostela el camino
Si, cual creo, le sabeis?

LABRIEGO
Honra en face-lo terá
Hoj'o labrego, Señor;
Que, Dios diante, o seu labor
Non por eso atrasará
Mais de fatiga rendido
Ouservo está sua mercé.
Sin duda de lonj'à pé
Cumple algun voto ofrecido
E, s'a él non s'opuxèra
Descanso e algo tomar
Folgàra de que pousar
 miña casa viñera
Èll'aquèla d'o Loureiro
Qu'anque d'humilde fachada
Tèn ainda unha tallada
Pra ll'ofrecer ô romeiro
E Rosa, miña muller,
Espèrta com'unha ardilla,
Pronto avía unha tortilla
Con limpeza e con jacer.

PEREGRINO
Admito Ia caridad
Que ejercer quereis conmigo
Y Dios recompense, amigo,
Vuestra generosidad
Descanso, sí, hoy anhelo,
Pues hà dias que viajando
Por tierras extrañas ando
En congojoso desvelo.
Una promesa á cumplir
Vengo al Apostol sagrado
Que el ruego del desgraciado
Diz se complace en oir
Y mientras no deposite
En su seno mi oracion,
La lucha del corazon
Incesante se repite.
Por eso con fé ardorosa
El gozo interior ansío
De que toque el bordón mío
La basílica famosa.

LABRIEGO
Calme, Sr, a ansiedá
E afòra, fòra esa pena,
Qu'unha jornada pequena
Resta d'aquí â ciudá.
A descansar vamos, pois,
Qu'è noite e ja pr'as cortellas
Baijan d'o monte as ovellas,
As bestas, vacas e bóis.
Vamos que, mentras n'o lume
Prepara a cea a muller,
Rezaremos, si quixer,
O rosario de costume
Cëarase, e a camiña
Limpa, bèn que sin bordados
Nin colchons alporizados,
Que non hai n'a casa miña
E ò qu'o sol madrugadèiro
Doure a crista d'a montaña,
Os dous en doce compaña
Sairèmos po-l-o quintèiro.
Eu historias narrarei,
Pra que non sinta o camiño
E, c'un e c'outro contiño
De seguro o distrairei
A propòsito; ¿noticia
Non tèn d'o acontecemento
Qu'hoj'embarga o pensamento
D'a católica Galicia?
Escoite, pois, qu'o sucèso
D'interés è non escaso
E, según dicen, o caso
Anda entre gente de peso.

PEREGRINO
Que le escucho desde luego,
Puesto que á mi patria toca.
Pendo ya de vuestra boca:
Hablad, amable labriego.

LABRIEGO
Parece qu'homes sabidos,
Botandos'á maginar
Chegaron á adiviñar
Ond'estaban sepelidos
D'o Sant'Apòstole os òsos
E de dous mais que con èl,
Predicando contr'o infiel,
Dèron a vida gozosos
Ledos inmediatamente
Vanse junt'ô Cardenal,
Quèn mandou n'a catedral
Traballar caladamente,
A ver si se descubría
O Tesouro apetecido,
Tanto tempo alí escondido;
Segun a historia decia.
De noite, c'as portas chousas,
Pra que nadie maliciase
E, atrevido, non tomase
Por meiguería estas cousas.
Estudiadiña a leucion;
Por baijo terra os canteiros
Abriron grandes carreiros
N'unha e n'outra direucion.
Estas esculcas guiaban
Sacerdotes ilustrados
Que, n'antigüedá versados,
Sabían bèn prond'andaban
Pasaron dias e meses
Sin preguiza traballando,
Ja con paredes topando,
Ja sufrindo mil reveses
Por fin ¡Dios sea loado!,
En forza de cachear,
Conseguiron atopar
O tesouro cobizado,
E d'esto señales dou
¡Un portento milagroso
Con qu'o apostole glorioso
Seu gran poder amostrou.
O caso foi bèn sonado,
D'este modo acontecido:
Cègo, mudo, sin sentido,
De súpeto desmayado
Quedou un sencillo obreiro
Que co'a millor intencion
A aquèla Santa mansion
Pudo chega-lo primeiro.
Ô ve-lo asi, compungidos,
Os demais, por el pedian
Ôs Santos que ali dormían
N'as sepulturas metidos;
E Dios, qu'a súplica oyeu
De tanta jente afligida,
Ô cègo, casi sin vida,
Vista e salú devolveu.
Este milagre alentou
O corazón d'o Prelado
Que, c'o Cabildo ô seu lado
Ô sitio tal s'acercou,
Onde, n'a terra postrados,
Todos de placer choraban
E contritos adoraban
Os sepulcros atopados,
Era o hachado asombroso
E-o que público se fijo
Cada quen podía quixo
Visita-l-o fervoroso
E con devoción tocar
Âs reliquias dos Santiños
Medallas e rosariños
Que non paran de bicar.
Dós òsos ¡canto polviño
Gardou a nai dolorida
Que co-a fè mais encendida,
Lle dá ô fillo enfermiño!
Hoj'aquel recuncho cerca
Unha reija de madeira,
Pechada de tal maneira,
Qu'atras dice ô que se s'acerca.
Mais cóntase qu'o Prelado,
Qu'e de moito entendemento
Agarima o pensamento,
Sin duda por Dios guiado,
D'ali facer levantar
Capilla de gran valia,
Onde lámparas, noite e dia
Alumean sin cesar.
Se certo o rumor sair,
Qu'a pès juntos creo eu
N'os anos do jubeleu
Á compostela acudir
Con esquisitas ofrendas,
Veremol-as romerias
D'aqueles felices días
Qu'historian as lecridas
A catedral parcerá
Entonces un formigueiro
e, n'ela, o botafumeiro
fachendoso cruzará.

PEREGRINO
De vuestro relato amigo,
Por Dios que estoy admirado,
Y el instante afortunado
En que os concocí bendigo
Nunca imaginar pudiera
Me regalase el destino
Por mi guia, un campesino
Que tanta instruccion tuviera
Virtud, talento, nobleza,
Dones de simpar valor,
Al Supremo Creador
Plugo daros con largueza
Uso de ellos, indulgente,
Conmigo habeis hecho hoy
Y otra gracia a obtener voy
Del campesino elocuente
Incógnito, á quien habeis
Dado hospedaje y solaz,
Os brindo con mi amistad.
¿La vuestra me concedeis?

LABRIEGO
¿E pois non? o qu'eu queria
Eso mismo era, señor,
Pero ô probe labrador
Adiantarse n'aquecía.

PEREGRINO
No os humilleis; tiernos lazos
Unen ya nuestra existencia.
Yo, Marqués de la clemencia,
Tiendo al labriego los brazos.


LABRIEGO
Ja que tal sòrte pra min
Troujo Dios n'este momento,
Direy louco de contento,
"Seiqu'en bóas pallas nacin
E anqu o dichoso travès
De comprender non acabo
Eu, labrego, sempre esclavo
Serei do señor Marqués

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega