Dous poemas

 

(Texto íntegro)

 

v1mckruckenbergpoemas.html

E preciso sair a loitar,
tamén é preciso tratar de coller
a primeira estrela da noite
na oscuridade dos sentimentos
involucrados por unos ollos
que teñen mais craridade
que a luz que alumean os astros.

E matino, seriamente que é preciso
desfacer o medo
de cair na trampa do desexo,
ise desprestixiado nemigo
dos corpos espidos e dispostos
a atopar a vagalume perdida
mais aló do espacio sederal.

E necesario fuxir polas craras
profundidades do Oceano
nadando cara as illas
para nunca perder a chama da vida.

                                             Vigo, 2001



Intentar inquedarse polo descoñecido
é deixar que esbaren os anoiteceres
o longo dun corpo adormecido.
A loita ten que ser permanente,
precisa de coraxe e inconsciencia,
porque nada arredor dos soños
ten que ser necesariamente certo.
Hai que sair cada mencer a roubar
unha estrela,
a desfacer as nubes e alixerar o vento
a romper en mil cachos o silencio pactado.
Hai que arriscar a delor na esperanza
que ameaza converterse: imaxe de abandono.
Ninguén ten xá futuro de naufraxio
mentres arrinques a vida do deserto perfecto.
E fermoso morrer cada xornada ergueita
medrando no regreso da posible saudade.

                                             Vigo, 29 Xuño 2001


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega