E cal será a cor do lixo na miña pel

 

(Texto íntegro)

 

v1emmacouceiroecalsera.html

E cál será a cor do lixo na miña pel, na miña pel eiruga que sempre se despose.
E cánto resta de min para un poema, cánto
para cerrar os ollos sobre o desperdicio de outros.

Quen sabe de min
sabe das miñas mans aferradas,
das miñas orfas e dúas que buscan,
sabe
de estas eivas e soas que calan
sabe
que así é como abren.

Abren ou tenden esta mina de louza,
este xogo de trizas onde non son quen.

Pero sosteño o mundo desexando
isto que sobra,
esta morea de outros
onde me inclino.

E cánto de min para ser dito, cánto
se atesouro vidro e peso este peso de anos contados,

cánto de min para falar dun prezo

e cánto máis de min para levar á casa.



(Porque eu, viuva do meu pai, non sabería mirarvos)


(Texto a pé de foto —nena
afgana remexendo no lixo—)

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega