BVG Atrás |
Epicentro |
||
|
[Escolma] |
|
v9alvareztorneiroepicentro
ORA PRO NOBIS
Todos los ríos eran una sangre
Jorge GuillénDura memoria do camiño andado.
A palmatoria cando marchaba a luz.
Todas as nais na súplica.
Todas as nais varadas no horror.
Toda a noite cavorco,
encofrado do medo, olmo de eclipse,
seco taller de asfixia."Todos los ríos eran una sangre".
Quen peta á porta, mata.
Quen fala, ceiba a onda do perdido.
Delata quen respira,
asina os papeis da esgazadura,
pon números anónimos nos mártires,
pecha os ollos que seguen a mirar.Quen alenta na felpa fusilada
aínda escolta moi lonxe:
"Ora pro nobis, virgo clementísima.
Ora pro nobis".
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |