Fe

 

[Texto íntegro]

 

 

FE

Sei que volverei nacer

sei que volverei atoparme contigo

sei que serei


póla ra árbore mar licuado
nube lixo de po no teu pelo
o riso dese neno
a esponxa que pasarás polas costas cando eu xa non sexa.

Sei que volverei nacer
sei que volverei atoparme contigo
sei que serei


folla simple ameba básica
feixe de luz morta no cristal opaco doutras bocas
araña feblísima delgada hélice de adn
que vai perseguirte remota polos séculos dos séculos amén.

Sei que volverei nacer
sei que volverei atoparme contigo
sei que serei




xemido nos teus partos
fluxos da vida que imos semiando
inconscientes e namorados por aí
coma galaxias que baten a anos luz dunha terra ilusionada.

Cando volva nacer
cando volva atoparme contigo
daquela serei.














 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega