Hai un ventanuco entre o adobe e a madeira...

 

(Texto íntegro)

 

v1alfonsorodrirodriventanuco.html

Hai un ventanuco entre o adobe e a madeira.
Rehabilitemos o faiado.
Hai un ventanuco no ceo
Entre nubes simpson
Pasan raios de sol-lus
Que subvencionan a fondo perdido
Un primeiro plano-fixo da túa cara
Con legañas de bós días
Con sorrisos de bós días
Con meixelas recheas de pómulos
Que vislumbran os bós días
No faiado adobado de especias variadas
En forma de bicos con auga de nubes
Por onde deambulo estes bós días.


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega