Insomnes

 

Fragmento, O glaciar

 

v9manuellourenzoinsomnes.html

PROFESOR: -Non se canse. Estamos agora e iso é o que importa. Ou non estamos e entón non importa nada. Que adiante pensar? Continuaremos aquí ou tomaremos un caminño que nos ha de levar a outra paraxe semellante e diremos as mesmas cousas e imaxinaremos novos episodios nese novo escenario de cuxa realidade física tampouco teremos constancia, por grandes e certas que foren as evidencias. Quen coñece as rexións do inexistente? Se confiásemos nas probas realizadas, esta terra sería de orixe glaciar. Teño unha pedra para o demostrar. Mais quen me di que é real, que o meu tacto é real ao apreciala? Non fago máis do que dubidar. Confésome un agnóstico absoluto.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega