Love me tender

 

Fuga

 

v9romanilovemetender
En fuga as horas silvestres     estes corpos     a súa razón
aquelas amadas que andaron descalzas á beira do mundo
esa morna conquista da lei que anaina e regula
a greta     o cáliz     o seu acre sabor a fogar
En fuga o meu corpo nas tripas da historia e os seus relatos
ese amor que o fundou ecoico e romántico     a rosa     a súa espiña
a sombra delatada no rastro da usura e o capital
-tantas palabras que o uso nos rouba-   En fuga
como abellas exhaustas ao caer da tarde     desprendidas do po
pole ou danza que algo reclama     Esta extenuación
Andaba coas puntas do pé     delicada non digo
senón crebada agarrada ao pánico
esta deformación que se impón a seres estraños
que perden o río a rima o rito o ricto
tímidas e extremadamente útiles de teceláns   En fuga
quen construía a casa as suás trampas as hedras
sen sonetos    os vermes no suco dos cotenos ese esforzo
que murmura debaixo dos cobertores     cristal fráxil cristal

***

Chantado na costa do século ven di o teu novo nome
a deflagración que o incendia o caos no que se ordena
a paixón que o engastou sublimes plebeas dispostas ao tango
extraviadas en fuga coa dor da costela e este cansanzo
pois tanto Estado traga    regula a miña furia sen esplendor
agárrame as entrañas amor que desinstalo os teus dominos
así vaciada contemplo as túas gravuras as manchas que as
auxilian
qué proclaman di    qué protexen di    de qué se apiadan
como gardan os lindes dos seus hortos a consigna
que repites    que atravesa    que instaura
cancións de mutiladas enfermas e cautivas que tanto Estado
absorbe
qué nos ata di nesta mudanza quen nos ata que vixía
a creba desas artesa as danzas insurrectas
as pezas liberadas na mecánica da fuga
esta condición de tránsito grávida e magmática que a  xerou

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega