Lukumí

 

Fragmento

 

v9alfredocondelukumi.html

Sempre me movín entre eses dous olores, o dos brancos e o dos negros; acedo aquel, e ferinte; agridoce este, acolledor e cálido. Sempre entre eses dous olores. Unhas veces son un branco negro, outras un negro branco. Nunca poderei ser un negro-negro, endexamais un branco-branco. E sempre estarei entre esas dúas historias. Historias de brancos e historias de negros.

Perténcenme as dúas, pois son un home. Móvenme os dous ánimos, pois son un home. O ánimo é a condi- ción do home. Acaso eu o sexa máis ca ninguén. Tal é a condición da mestizaxe.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega