Monte Cubeiro: O grito da terra

 

[Texto íntegro]

 

v2adelafigueroamontecubeiro.html
     Monte Cubeiro é un pequeño lugar rodeado dunha paisaxe amable, entre vizosos vales traballados, desde tempos lonxicuos pola man dos homes e mulleres, e que hai 70 anos viviu un soño: o de paticipar da cultura, da luz e da dignidade que lle é debida a todos os seres humanos, despois que en España se instaurase, por vontade popular, a república do 33. Este soño foi cercenado á pouco de nacer, e aquelas mulleres e homes que pretenderon vivilo, sen lle facer mal a niguén, foron brutalmente castigados pola sua ousadia, para exemplo e temor de todos os que pretendesen levantar a cabeza e ollar a vida de frente.
    
Perto de Monte Cubeiro están as fontes do Eo e o Miño, separadas apenas por uns poucos kms. Os dous rios que conforman os límites xeográficos en que se debuxa actualmente Galiza. É un lugar máxico, coa máxia da Terra que reclama xustiza.
    
Xosé Manuel Sarille, cumplindo o deber humano de restituir os nomes daqueles inocentes que foran presa da brutalidade humana, déunos un exemplo vital de bonomía ao promover e dar cabo do acto de homenaxe a estas persoas nas que quedan representadas outras tantas que sufriron ou sofren persecución pola ?inxustiza?, nun mundo en que a única linguaxe é a da forza das armas.
    
Despois deste 23 de agosto, Monte Cubeiro convértese nun lugar de cita obrigada,para todos aqueles que desexen saber da sua propia historia, que queiran vivir nun mundo mais xusto para todos, e que aprendan a detectar os signos que indiquen a involución das libertades, a imposición do poder dictatorial, a forza dos poderosos, etc. Para iso non fai falta ir ao Iraque destituir un cruel dictador. Basta ollar para nos mesmos e os síntomas do noso tempo.
    
Gracias Virxinia, Antonio, Manuela, Carmen, Manuel, Irmáns Graña Rico, Arximiro, mestre exemplar, porque despertades a bondade e a máxia da Terra, e gracias Sarille, por nolos devolver para partillalos como unha comunidade digna e orgullosa de si e de seus fillos

    
Adela Figueroa Panisse.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega