BVG Atrás |
Moza gallega |
||
|
(Texto íntegro) |
|
m2victorianotaibomozagallega.html
Son nena, os teos ollos, craros y-amantiños
Cal froles dos liños
D-un meigo liñar;
Nas suas miniñas a piedade mora,
Y-a gracia da aurora
Teñen no mirar.
Tes, nena fermosa, nas tuas meixelas,
Alburas sinxelas
Místico arrebol;
Das cumes nevadas son brancas folerpas,
Son rosas abertas
Á groria do sol.
Son, nena, os teus labres craveles acesos.
Na boquiña presos
Pra ben parecer;
Y-ó falar semexan xirins que garulan,
E rulas que rulan
De gozo e pracer.
Son-os teus cabelos, crechos e durados
De lampos roubados
Ó sol da mañán
Nube en que se perde tua frente albiña
Cando na cariña
Cariños che fan.
Son, nena, os teus seos, suaves, erguidos,
Tersos e brandidos,
Niños ruladores,
Que, no doudo leito que lle fai teu peito,
Van ceibando a eito
Cantigas y-amores.
Movel-o teu corpo, lixeiro e gracioso,
Co avalo xeitoso
Da póla xentil,
Que en serán calada, o sopro do vento,
Pon en movemento
Con bico sotil.
Tuas mas fidalgas, piquirriquichiñas
Albas feituquiñas,
Son de luz y-escuma
Dos gallegas rias no ensono enmeigadas,
Das brancas laradas
Do sol qu-as aluma.
Y-es craror de lua yés luz da alborada
E son da balada
Que ó corazón chega.
Cantando e chorando mainiña e dorosa,
Fada agarimosa:
¡Ti eres galega!
Santiago de Compostela, 1916.
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |