Nemancos

 

Escolma

 

m2lopezabentenemancosescolma.html

O Santo Cristo de Fisterre

Ao socaire do Ártabro, -famoso
na neboeira xa das vellas lendas,
cando os herois do ponto proceloso
iban buscando as iñoradas sendas-,
estricado, en asexo, na brancura
do praial en que as ondas se desfán,
e alentando con bélica bravura,
acouga o varil pobo fisterrán.
A grandeza infinita frente a frente,
atrás a parda lomba da montana,
embaixo as ardentías da rompente
e o misterio a bulir na fonda entrana.
Relixioso fervor nasce no seo
desta paraxe mística que o arume
do ensono fuxir deixa cara o ceo
cal de incensario as espirás de fume.
Homes sinxelos, humildosos, fieles
na laboura das rústicas herdades;
homes humildes, pescos coma aqueles
que pescaban no lago Tiberiades.
Ecos que espallan inquedos ventos
dun cantar meigo, sonoroso e vago;
-Voan aínda os máxicos concertos
do noso Apóstolo o Señor Sant-Iago-.
E o balbordo de pedras derrubadas
mestúrase a este son: O tempro vello,
o Ara-Solis das épocas pasadas
non se contempra xa do mar no espello...
Que agora, en troques, seu cristal refrexa,
aló no cabo da devota vila,
o ábside románico da igrexa
que baixo a lus da fe coma un sol brila.
E alí, no seu altar, case sorrindo,
sin que o pavor da morte nos aterre,
¡mirade o Santo Cristo de Fisterre!

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega