Non coñezo, non sinto, non comprendo

 

(Texto íntegro)

 

v1pilarpallaresnonconezo.html

Non coñezo, non sinto, non comprendo,
e é outra voz antiga
a que está a falar coa miña voz,
unha boca solar a que te nega
mentres alguén en min me despovoa,
me desfraga na noite,
me siléncia.
Foi preciso para isto nacer e regresar?
-Un pé calcando ainda o chan macio da cova,
meia olIada aferrando-se ao non-ser,
sen ensaiar o xesto con que se engole a vida
como un corpo para sempre meu.
E ese eco repetindo
"Non te ergas, non andes,
apaga toda chama, e sexa a cinza".


                                             ("Femme Lazare")

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega