Nove haikus

 

 

v3xuliovalcarcelpoemas.html

 

Eternidade
Pásame diante
os domingos á tarde
a eternidade.

Azul
Nada era azul.
Soñeino hoxe á noite.
Un pesadelo.

Festa
Rebenta o ceo.
Eu en traxe de festa,
rezo a ningún deus.

Resistencia
Da resistencia
só lembro o que doía
o aire na cara.

Derrota
Trala derrota,
sacáronme da boca
cada palabra.

Saraiba
Saraiba en marzo,
a música do frío
dentro da pel.

Tarde
Refrego os ollos.
Non me gustan as tardes,
porque son mornas.

Seitura
Calo e óllote
comezar a seitura
sobre o meu corpo.

Barro
Rénxeme a pel
mentres, tumbada, oio
cocer o barro.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega