¡Fuge miña rula fuge!

 

(Texto íntegro)

 

m2franciscodelaiglesiafugeminharulafuge.html

Inda te non perdin toda
Ende ben, filla querida,
Póis que meus rogos escoitas
De Dios gozando alá arriba.

     Soedades pol-os meus.
     Por F. M. DA I.

 

   Branca azucena segada
Pol-a gadaña da morte,
Erte d'ese sono forte
Que te veu muchar asi,
E miras as gordas bagullas
Que nos queiman a faceira?
¡Por qué do mundo à carreira
Te vas Armindiña?? ¡dí!

   ¿Non te fartaba o cariño
D'estes páis que t'adoraban?
¡Ay! O amor con que t'amaban
Non era aquel puro amor
Que fuches catar na aurora
Entre o recendor das frores,
E o trinar dos reiseñores
Ós pès de NOSO-SEÑOR.

   ¡Quén ¡ay Dios! maginaria
Que ti, miña mansa pomba,
Estricadiña na tomba
Tan cedo habias d'estar?
Cando à rosiña vermella
Q'empez'a abrir semellabas
E folgo ò meu peito dabas
Para as ansias sobrelevar!

   Musga os teus diamantes ollos
Miña prenda, cal sohías
Cando a mauciña metias
No seyo de tua nai,
Méntras que a guedella d'ouro
Que a testiña che crubia
Ela crenchada poñia
Para alegrar a teu pai.

   ¡Ay que xordiña te mostras
Ó' dor q'o juicio me leva
E m'arriga freba a freba
As cordas do corazon!...
Miña joíña da alma
Non sábel-a gran ferida
Que m'abriche ò voar da vida
Cal súpita celacion.

   Se dimpois que che dei nome
NOSO-SEÑOR te levara
Non tanto o dor se fincara
Q'así me fai reloucar;
¡Prô hoxe que espigadiña
Tantas monadas facías!...
¡Prô agora que ja sabias
Ó teu geito parolar,

   ¿Cómo che hei de botar terra,
Consolo da miña almiña?
¿Cómo da tua cariña
Me hei de poder olvidar?
¿Cómo con alma de ferro
A hei de ver eu gastada
Cal margarida enterrada
Aló na beira do mar?

   Esperta ¡Armindiña! esperta,
E abre os teus dous luceiros:
Abíramos feiticeiros
Que neles quero mirar
O lume que a auga quenta
Que nos meus ollos gorgulla
E fai ceibar a bagulla
Que ves òs teus pès rolar.

   Meu NOSO-SEÑOR querido
Que pol-os fillos morrestes,
E no meu peito puxestes
Un corazon para amar,
Perdonáme que vos chore
O ánjel que me levastes,
Pois perda tal me causastes
Que? ¡non sei o q'hei falar!!!

   ¡Adios, anaco da alma,
Caravel dos meus amores,
Consolo dos meus delores,
Pedra iman do meu gozar!...
¡Fuge miña rula, fuge!
D'esta amargurada vida,
Pois felicidá cumprida
Nel-a n'habias de hachar.

   Prô vai amañando un canto
Onde juntiños caibamos
Os que no mundo quedamos
Sômente para chorar.
Mais des que amañado o teñas
Cabe teus dous hirmanciños,
¡Ven dos teus probes paiciños
A triste almiña catar!!...

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega