A.***

 

(Texto íntegro)

 

m2marcialvalladaresa.html

   Dorido o peito
De suspirar
Triste, aburrido
De todo já
Neste mimoso
Garrido val
Apénas fago
Senon chorar:
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Gustos, placeres,
Que a acibarar
D'ausencia ven
A tempestá,
Na mente vivos
De cote están,
Pois è imposible
Os sofocar.
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Lémbrome ¡ou! lembro
Non sin pesar
De cando ò abrigo
Entre cristás,
Rayando víate
Pra min lëal,
Ansioso sempre
De che falar
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Peno se trato
De maginar
Nas quentes tardes
D'alegre bran
En que con tüas
Guapas hirmás
No Doiro viñas
De te bañar
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
Aquelas tardes
¡Como olvidar !
   Aquelas horas
De calma e pas,
En que no airoso
Meu alazán
Ó rio íbate
Eu a esperar!...
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Paréceme inda
Te vexo estar
Clavés collendo
Na miña man,
Ó pé do noble
Gordo animal,
En que montado
Fora-os catar
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   ¿Qué foi das noites
En que ò lüar,
De San Martin
Junto òs rosás,
Conversabámos
Os dous alá?
¿Ónde aquel tempo
Foi a parar?
¿Qué è de ti agora
Meu ai ai ai?
   Perla que a todos
Fas cavilar
E te codicia
Máis d'un rapás;
Pomba crïada
Na terra chan
D'esa Castela
Por nai sin par
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Mil namorados,
Sin os buscar,
Dou quer asomes
Te seguirán
E olladas tenras
De doce imán
En ti estrevidos
Desén pousar
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Direi que a punto
D'enmaridar,
Teu pensamento
Non forme ja
De min recordo
Quezáis cabal:
¿Houbera-o alguén
D'adiviñar!...
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Baixade, bágoas,
Vinde a regar
Nun alelí
Espresion ¡ah!
D'amor primeira
Que a seu galan
Muller querida
Chegoulle a dar?
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Agarimado
Do seo à par
Comigo o trouxen
Destonce acá
E olindo-o a veces
Con raro afán
Valor non tiven
Para o eu guindar.
¿Qué è de ti agora,
Meu ai ai ai?
   Mucho alelí,
Que a abuxeirar
Comenza a traza
Sin pïeda;
Desfeito en polvo
Podrei mañán,
Podrei siquera
Te contemplar;
¡Pro non ¡ah! Non,
Meu ai ai ai!...
   Adios, placeres,
Que a acibarar
D'ausencia vèn
A tempestá
Adios, encantos:
Adios solás?
Teu polvo, ò ménos,
Logre eu mirar,
Froliña, un dia
D'ese ai ai ai.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega