Rostros con filosofías de madeira

 

(Texto íntegro)

 

v2minusbalidononfoniasesinfonias.html

Rostros con filosofías de madeira
Fusionándose co vento, expandindo terror
E alimentando o ruxir do medo.
Cabazas éticamente corrompidas, sen ollos
Irrumpen mecánicamente no sixilo da noite.
Botellas valeiras de líquidos voan
Sen hélices pero con barro, con leña.
E fogueiras prendidas con carbón
Chegan ao ceo, chamuscando ás aves,
Quentando ás estrelas, axfisiando ás nubes.
Ti, impasible... restando importancia
Como se o que acontecera no mundo
Non estivera contigo, e o moito que te amo
Estivera inventado pola miña imaxinación
Recurrente aos apegos.
Mentras, os teatros énchense de palmas;
Acabou a representación, coma sempre
Ganaron os malos, eu descálzome,
Métome na cama e flúo polo espacio.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega