Os camiños d'o agrarismo galego

 

(Texto íntegro)

 

m2losadadieguezoscaminhosdoagrarismo.html

     Estamos n'un tempo en qu'e preciso recollerse un pouco pra escoller os mais axeitados camiños n'a vida social e política, tan cheas hoxe de loitas e revoltas.
     A aición dos agrarios galegos —santificadores d'a terra— co'a fondísima aspiración de libertar ós labregos i-erguer a vida d'as nosas aldeas enchéndoas de cultura e de xusticia ten n'estes mesmos días unha importancia d'a que cumpre nos decatemos abondo.

     Ollando o mundo encóllese o curazón de medo e de esperanza. Todo sangra, y-ainda nada frolece. Anúncianse boas novas e redenciós a eito, mais por decontado a fame y-as loitas non fuxiron.

     E n'a España unha espranza ven, y-outra se vai y-a fedenta política enche o país noso de lama e de movimentos e combinaciós d'os partidos que dan noxo. As ilusiós desfeitas dos homes de boa fe cuasemente non topan onde pousarse pra alcender a y-alma e quentar as suas ansias.

     Mais non se pode acougar. Hoxe como nunca e un debere o loitar polo ideal, pra todos os que o sintan, e se comprendan irmans dos homes todos.

     ¿Qué camiño escoller? Ninguén pousa tan en firme como os agrarios que volven a vista a terra, que se acollen ó agrarismo d'a Natureza. E ningún agrarismo tan forte n'o seu orixe como o agrarismo galego.

     O problema agrario en Galicia non ten que ver co de ningunha outra parte d'España e de fora d'España. A pequena propiedade e n'a nosa terra a mais, non hay labrego que non sexa propietario e con todo eisisten un malestar, eisisten graves problemas económicos e de xusticia social n'as nosas aldeas, problemas que son da vida enteira do mundo, que non se pode esquecer y-hai que resolver.

     Lembradevos ben, con todo, agrarios galegos, que sodes fillos de Galicia, qu'a nosa vida d'o campo, os nosos cultivos, os edios, monte y-augas nosas son d'a terra nosa e teñen un carauter seu que non se pode confundire, nin se deben estudiar sinón como tales asuntos galegos caraiterísticos y-enxebres.

     Y-os nosos lugares, aldeas e vilas cheos de vividores políticos e de criados d'os grandes amos políticos que viven n'a capital d'a porvincia ou en Madrid están pedindo unha limpeza, y-unha rega de ideaes e de aución política tamén enxebre, que non e soilo nosa.

     Canto mais n'a realidade vexamos as custións canto mais preto de nos y-en nos mesmos estudiemos os problemas, mais preto estamos d'a realidade d'o mundo enteiro e mais importancia e forza terán as nosas soluciós.

     Por eso tivo este Congreso agrario d'o vran, esta reunión agraria de Pontareas n'o primeiro ano despois da guerra un interés excepcional.

     Agrarios galegos, xuntádevos todos n'o agarimo d'a terra, n'o colo de Galicia, pra recoller n'ela todo o entusiasmo y-o espíritu que fai falla.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega