Remexendo

 

(Texto íntegro)

 

v2mariacanosaremexendo.html

     Non podo saír e agocho a cabeza tralos cristais da fiestra. Hoxe non hai xente na rúa, porque chove.
     Xélido o vento, asubiando desafiante ó outro lado do vidro, mentres as pingas percorren a súa viaxe deixándose esvarar ata o peitoril.
     ¿Que se move? Nada. Ninguén.
     Non hai alento na vila; os sons son imperceptibles.
     Chegou o inverno.
     As luces, amarelas. As portas, pechadas.
     Silencio, quietude; o cristal que dá á rúa acugúlase de bafo.
     O inverno prosegue na súa chegada, enchéndoo todo de humidade. Avanza no frío, no sosego, no estrondo, no rebumbio, na tranquilidade... na soidade; nas longas noites. Non podo saír e convértome en espectadora desta maxia escura e tristeira.
     O ceo, laranxa. As nubes, tebrosas.
     A mente... remexendo na memoria.




Mini-relatos (1999)


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega