Palabras a eito

 

[Escolma]

 

v9fernandezdelriegopalabrasaeito.html

Vagabundeo por Italia

Fóra dos intelectuais galegos do exilio e dos aveciñados na Arxentina, coñecíase moi pouco entre nós ao escritor Germán Arciniegas. Pola nosa parte, chegamos a saber del alá nos mediados do pasado século. Primeiro, a través das súas colaboracións en revistas literarias. Despois, ao nos converter en lectores dalgúns dos seus libros. Pareceunos escritor de pluma alerta e galana. Tamén home de propensión viaxeira, esculcador curioso de todos os recantos que visitaba. Falábase de que fuxía do sedentarismo que adoitaba impor a vida intelectual. Por iso se botaba a percorrer pobos e cidades de tantas latitudes.

Arciniegas viaxaba para ollar. Prefería, nese sentido, o vagabundo ao turista. Entendía que este, produto típico dos días actuais, non ollaba nada ou case nada. Mesmamente por mor da perfecta organización das súas viaxes. En troque, o outro andarego, o vagabundo, guindábase polos camiños do mundo á boa de Deus cos ollos ben abertos, ao que saíse. Froito dunha das súas correrías foi un libro do que moito gostamos, Italia, guía para vagabundos. Tratábase dun libro orixinal que non emparentaba con ningún outro da súa vasta obra. Cun estilo alado, suxestivo, de refinada cultura, daba unha singular visión dos homes e das cousas. Das paisaxes, dos feitos históricos, dos cotiáns, da realidade inmediata, da que pertencía ao pasado. A mirada atenta, perspicaz, de Arciniegas non paraba de dexergar. Observaba todo canto en Italia era merecente de se observar e comentar. Velaí unha amosa: «Praza maior. Milán. A fronte a catedral. Fronte á catedral, eu. Á miña beira un home calquera. Naturalmente, encetamos un coloquio. 

 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega