BVG Atrás |
Pel con pel |
||
|
[Texto íntegro] |
|
v4emmapedreirapel.html
A beleza primeira
esa que é agasallo
e un perfume que era cova.Melancolía dunha aperta imposible.
Hai un algo
case que nada
de luz nesta amnesia compartida dun tempo no que fomos felices euentí.Agora só carne cocida na lembranza das túas tetas.
Todo fica escurecido nun recordo infantil e derradeiro
que xa non entendo.
Nun bico lácteo inconsistente
que xa non sei que sabía a ti.
Para Marisa Veloso
nai doente de alzheimer
que me aleitou cando era memoria
e vida
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |