Percorro o mapa...

 

(Texto íntegro)

 

v1fsalinaspercorro.html

Percorro o mapa do meu interior
a sonoléncia dunha xeografia que acalento con dedos tristurados
e descubro un pasado
que se fai xestos e palabras
tan inúteis como a voz dun poeta namorado.

Ollos de fera, alfabeto de mentiras
e o frémito das cousas inominadas
carne da miña carne nas verdadeiras formas de cercar-me

As liñas do meu mapa son a lenta carícia
dos espasmos do amor onde me deito,
son labirinto de soños onde rebenta
a vida e pesan na memória.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega