Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero

 

Non é amor

 

v2martadacostaaprincesa.html

Pobre Ofelia
cristalizada estás no sangue da loucura
e gardas baixo as unllas a carne do covarde,
como un berro atroz que nos convoca.
Os teus ósos,
espadas de cristal
contra a fame caníval
de posuírnos,
de beber a nosa alma,
zugarnos a vontade,
dobregarnos ao río do delirio.

Ofelia,
pequena Ofelia
non se sacia a sede do covarde.

 

                                              Autoría de Marta Dacosta

 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega