Poemas

 

(Texto íntegro)

 

v1alfonsorodrirodripoemas.html

I

O pensador na taza que non quere unha taza
Duramente inxire sete tazas e media
Como nas cartas non de tarot non de comida española
Non coa sorte de ter o sorriso cosidiño
Pola vida ben posta neses anuncios
Eses que son o debate intelectual maior
Nos tempos de literatura marciana
Ou de poesía e amor corazón corazón
Tamén con esa asignatura nova universitaria
Enxendrada nestes tempos que corren
O vouyerismo ilustrado en imaxes
Provintes do exemplo vital polo que suspiramos.
Novas relixións moito máis completas
Que desbancan as antergas que non resultan de todo
Ou máis ben os seus procedementos.
Dándolle a volta regolpean ao marxinado que osa
Non beber o maná ou non mercar as guirnaldas
Machacándolle as súas ideas e praxes arcaicas.
Revolución tecnolóxica para modernizarse...
A base de revestir e actualizar os cacharros
E as pirámides para perpetuar a verdadeira pre-post-sempre-historia.
“hai que ser verdadeiramente moderno”, dicía o outro.


II

Onde estamos situados os lapsus intemporais.
Ilusionámonos xuntos, enfermamos xuntos
Por virus alleos, sentímonos todos culpables
Fómonos recuperando por separado
E agora subsistimos e algúns recordamos aquelo.
Non somos tan vellos, de acordo
Pero os nosos corazóns e cerebros foron machacados
Metódicamente, sen esforzo alleo... cumpliron o obxectivo
Simplemente esperaron. Os catarros cumpliron o obxectivo
Neste pueblo de mala morte non había cabida
Para a ilusión infantil de sair da pota presionante.
Foi cuestión de esperar.
Hoxe algúns botan pestes do pasado
Outros seguen camiños diversos de distintas cores
Tamén elixen sobrevivir sen sobresaltos
Quedamos tocados (parece mentira)
Máis que o resto do colectivo xeneracional.
Non fomos listos tío!
Débenno ser máis as novas xeneracións
Inculcados en ensalada de frivolidade
Petiscos de rebeldía engaiolada e patrocinada
Por algunha marca de telefonía móvil
Ou postres estetas musicobardes e rastas de peluquería
Acompañados de novas tecnoloxías do cómo tomarte o pelo.
A recompensa será para eles
O castigo xa o levamos pagado e sufrido duramente nós.
Pero non esquezades que ao menos temos unha maneira de rir peculiar.


III

Din que a inspiración non existe.
Son os pirómanos da literatura.
Hoxe expiro varios aires
Eurofaxia!.
Estou un pouco-(ins)-pirado
Contradicción pirómana.
Os libros non teñen níquel?
Alerxia literaria
Euroalerxia?.
Inspiro, expiro, inspiro, expiro.
Tos, tos, tos, tos, tos.
Cof, cof, cofradía de conspiradores
Euroditos de tres céntimos.
A Augardente clandestina
Sabe mellor con herbas.


IV

Transforman os deuses con condimentos alumínicos
Os ánimos anímicos indican que debes torcer hacia?
Que razóns colgan do firmamento sen estrelas?
As razóns do firmamento con estrelas?
Desempeñando papeis inversos ríome ou enseriome
Baixando e subindo mostrando e impartindo
Abúrrome da miña voz. Serve ás veces
Pero serve máis o vento de moitos días
Aguantando temporais esperando polo sol
Vertendo repetidamente, non me acostumo de momento
Afluentes distintos con auga parecida hacia o mesmo río
Ansio chegar ao mar e tomalo co sol esperado
Espero ver pel morena e area a modo de rebozado
Cánseime de pedras antergas. De antergos caducados
De tópicos varios, do meu barrio revestido
Da cidade revestida de milenios, capas cirqunses e pontes
Canso de soñar tantas veces con eles
Do río, esperando ver o mar debaixo do ceo
A tí debaixo do ceo, enriba da area, debaixo do sol
Enriba do mar, mareada igual que eu de esquecementos.


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega