BVG Atrás |
Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras |
||
|
Escolma. Ó Sil |
|
m1unovoneyradoadacerteza.html O río ó ras
cheo d-auga e destino ó paso
flue flumen
pr-onde foi xa o sol tragado
todo o ouro volto prata
/gris raspado/
en mil sarillos
e aneis cruzados
sumándose ó caudal da noite
tamén alto.
Il non precisa de nós
nin diste canto.
Ela sola Naturaleza
é forma de algo.
I eu de eiquí quedo
chegou ó outro lado
coma cando a polas doncelas
dun salto
foi do cabalo de Roldán
ralvado.
Niste aire quente rente
amigo Lauro
Sómo-la beira
con todo o tempo pra miralo
coma se nin a el nin a nós
agardara o Oceano
E non-o viramos perderse eí
a corto tramo
i ó pechar a noite nela
desembocando
Val di Orres 1988
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |