Poemas populares galegos

 

[Escolma]

 

v2martadacostaaprincesa.html

 

   Que ten o meniño
que sen parar chora
coas maos na cariña,
de pé xunto á porta?

   Pegoulle algún neno
pra quitarlle as bólas?
Quizais lle mordeu
o can a pelota?

   Que ten o meniño
que sen parar chora?

   Cediño, moi cedo,
na cara bicouna
pero a mai, calada
non daba resposta.

   Seus ollos pechados,
sen coor a boca,
as meixelas brancas,
frías como a lousa.

   O neno, moi cedo,
na cara bicouna;
a mai, dormidiña,
non daba resposta.



              PARADELA

   Festas de San Miguel e das Delores,
campás da igrexa, ledas ou tristeiras,
camiños dondos, corgas costaneiras,
noites de luar, no vrao, longos solpores.

   Namela onde collía brancas frores,
noces, figos, amoras das silveiras,
terra de mozas, ledas, cantareiras,
que tes que mórrome de mal de amores?

   Terra que vai dende o Toural ó Loio,
veiga onde nacín, doce, verde cunca,
camiño do romeiro a Compostela.
Polo mundo emigrante, triste, soio,
estarei lonxe, pro... esquecerte NUNCA!
Patria dos meus antergos, PARADELA!


 

 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega