BVG Atrás |
Proclama |
||
|
Texto íntegro |
|
v1francograndeproclama.html A Ramón Lorenzo
Faremos esta terra ó noso xeito,
A modo, dende abaixo,
Dende o cimento fondo á alta capea.
De lonxe chámanos os nosos mortos,
Pero con voces que se senten preto;
Os nosos mortos úrxennos,
Pois sómo-los herdeiros
Dunhas promesas que sabemos feitas
Pero aínda non cumpridas.
Porque eles saben, como nós sabemos,
Que o tempo tanto crea
Como destrúe o que ó seu paso toca.
Por máis que nolo neguen,
O vello pardiñeiro anovaremos
Para deixalo en herdo
Ós que despois de nós chegando vaian,
E estes ós seus herdeiros
E ós que no tempo poidan ir chegando.
Porque a esperanza ó lonxe fai acenos,
Porque nos chama e porque nos convoca
Faremos esta terra ó noso xeito.
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |