Premio 2003 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo.

 

Chronica Hermirici

 

Pagina nueva 1

LIMIAR



     A través das sempre parcas informacións conservadas nos textos e nos documentos cos que conta a historiografía, moitos deles non todo o firmes nin o imparciais que debesen, parece acertado considerar que o Hermerico do que nos imos ocupar neste traballo era o caudillo suevo, posiblemente cuado de nación que, a finais do ano 406, ao fronte do seu pobo, e en unión de vándalos, alanos, alamáns, burgundios e outras xentes, cruzaba o Rhin para irromper no Imperio Romano.
     Sabemos tamén que foi case que tres anos despois, no outono do 409, cando unha parte destes pobos, concretamente os suevos, os vándalos e os alanos, conseguiron forzar os Pireneos e internarse na península Ibérica; no 411, o momento no que os primeiros se estableceron no occidente da Gallaecia, e no 420, cando pasaron a se posesionar de toda ela, pactando despois sucesivas paces cos seus habitantes. Mais tarde, xa no 438, Hermerico deixoullo, ou asociou no reino, ao seu fillo e sucesor, Rechila, por causa da grave doenza que padecía, para falecer tres anos despois.
     No momento da chegada destas xentes á Península, esta conformaba a denominada Diocese das Hispanias, dependente do Prefecto do Pretorio das Galias. Diocese, á súa vez, dividida en sete provincias, cada unha cun gobernador á súa fronte: Lusitania, Gallaecia, Tarraconense, Baliares, Carthaginiense, Baetica e Tingitania, a última situada no norte do Marrocos actual.
     A Chronica Hermerici, que aquí presentamos, construímola recorrendo a pasaxes tomadas de diversos autores, máis ou menos próximos no tempo e no espacio aos feitos do reinado do caudillo suevo. Por orde cronolóxica estes retallos proceden, tanto da Expositio Evangelii secundum Lucam, escrita no ano 387 por San Aurelio Ambrosio (c.340-397), xurista e político romano, cónsul das provincias de Aemilia e Liguria, no norte de Italia, e bispo de Milán dende o 7 de decembro do ano 374, como da Epístola 123, Ad Geruchiam, escrita no ano 409 por San Xerome Eusebio de Estridon (c.347-c. 420), que residiu en Belén dende o 385, lugar no que traduciu ao latín a Biblia, despois denominada Vulgata. Mais a maior parte dos datos foron tomados de Paulo Orosio (c.383-c.420), presbítero bracarense e autor, entre o ano 416 e principios do 418, cando se atopaba con San Agostiño en África, dos Historiarium adversus paganos, libri septem, así como da Chronica redactada arredor do período que abrangue entre o ano 428 e o 469 por Idacio, «nado na cidade Lémica, na provincia da Gallaecia» (c.390-470), tamén coñecido coma Idacio de Chaves, bispo que foi desta cidade do norte do actual Portugal, entón parte da Gallaecia, e daquela chamada Aquae Flaviae.
     Por último recorremos tamén á Historia Suevorum, rematada no ano 624 por San Isidoro (c.570-636), bispo de Sevilla dende o 601, quen, aínda que a certa distancia dos acontecementos que recolle, parece algo máis obxectivo que os seus predecesores, ata o punto de explicar cousas que estes nos transmitiron de xeito un tanto confuso.
     Coma se pode observar todos estes autores foron eclesiásticos e, a non ser o último, tamén cidadáns romanos, o que explica a subxectividade e as preferencias que se advirten nalgúns dos seus comentarios.
     En canto ás transcricións dos seus textos, para as breves achegas de Ambrosio e Xerome, aceptamos as da Biblioteca de Autores Cristianos, Madrid, 1966 e 1995; para Orosio, a efectuada por Adolf Lippold para a Fondazione Lorenzo Valia, Arnoldo Mondadori Editore, Verona, en 1976, baseada á sua vez na edición de C. Zangemeister, Viena, 1882, que é considerada como a de maior autoridade. Os escritos de Idacio Lémico proceden da revisión dos mesmos efectuada en 1974 por Alain Tranoy para Les Editions du Cerf, Limoges. Respecto a Isidoro de Sevilla, as partes que del utilizamos están tomadas da edición que das súas Historias realizou Cristóbal Rodríguez Alonso, en 1975, para o Centro de Estadios San Isidoro, de León, traballo á súa vez baseado na edición crítica do filólogo Theodor Mommsen de 1893, sobre a que efectuou as oportunas correccións e rectificacións.
     En todos estes parágrafos indicaremos sempre, a pé de páxina, a súa procedencia. Así mesmo, na marxe esquerda da tradución aparecerá o ano no que se datan os acontecementos.
     Aínda dentro das limitacións que aconsella a cautela interpretativa, a presente escolma parece suficiente para acadar un axeitado coñecemento prosopográfico tanto do tempo como da vida e os feitos do home que conseguiu que a Gallaecia pasase, de simple provincia do Imperio Romano, a Reino, algo que aconteceu nun momento xa tan afastado como foi o ano 411 d. C.
     En canto ás transcricións dos topónimos, os antropónimos e os xentilicios respectaremos en todo momento as formas por estes autores utilizadas, coas únicas liberdades de manter a de «godos», e a de romancear os sufixos finais, ainda que nos nosos comentarios a pé de páxina os poidamos substituir polas suas denominacións habituais. Así mesmo, e como oportuno complemento, incluímos un mapa político da Península Ibérica tal como era no momento no que se iniciaron os feitos aquí recollidos, e unha breve referencia bibliograáfica dos principais textos utilizados.
 


Vigo, marzo do 2003.

 

 

 

PRAEFATIO  

 

 

     PREFACIO

I. Ab oriente Alania est, in medio Dacia ubi et Gothia, deinde Germania est ubi plurimam parte Suebi tenent, quorum omnium sunt gentes LIIII.

 

  377: I. A partir do Oriente está a Alania e, no medio, a Dacia e tamén a Gothia. Despois atópase a Germania, da que ocupan a súa maior parte os suevos, dos cales todas as súas estirpes son cincuenta e catro.
II. Chuni in halanos, halani in gothos, gothi in taiphalos et sarmatas insurrexerunt, nos quoque in Illyrico exules patriae, gothorum exilia fecerunt.   378: II. Os hunos erguéronse contra os alanos, os alanos contra os godos, os godos contra os taiphalos e os sármatas, e aínda nós estivemos desterrados da patria no Illyrico, a causa dos godos, á súa vez desterrados1.

 

III. Interea ante biennium Romanae inruptionis excitatae per Stiliconem gentes Alanorum, Sueborum Vandalorum multaeque cum his aliae Francos proterunt, Rhenum transeunt, Gallias invadunt directoque impetu Pyrenaeum usque perveniunt: cuius obice ad tempus repulsae, per circumiacentes provincias refunduntur.   406: III. Mentres, dous anos antes da invasión de Roma, incitados por Stilico2, os pobos dos alanos, os suevos e os vándalos, e moitos outros mesturados con eles, derrotan aos francos, pasan o Rhin, invaden as Gallias e en directa acometida chegan ao Pireneo; gracias a este obstáculo foron temporalmente rexeitadas, e espállanse polas provincias veciñas3.

 

IV. Innumerabiles et ferocissimae nationes uniuersas Gallias ocuparunt. Quicquid inter Alpes et Pyrenaeum est, quod oceano Rhenoque concluditur, Quadus, Vandalus, Sarmata, Halani, Gypedes, Heruli, Saxones, Burgundiones, Alamanni et -o lugenda res publica!- hostes Pannonii uastauerunt.  

406: IV. Innumerables e ferocísimos pobos ocuparon as Gallias por completo. Todo o que hai entre os Alpes e o Pireneo, e o que queda entre o Rhin e o Océano, devastárono o cuado, o vándalo, os sármatas, os alanos, os gypedos, os Cérulos, os saxóns, os burgundios, os alamáns e ata, ¡ouh desditada república!, os inimigos panonnios4.

 

V. His per Gallias bacchantibus apud Britannias Gratianus, municeps eiusdem insulae, tyrannus creator et occiditur. Huius loco Constantinus ex infima militia propter solam spem nominis sine merito virtutis eligitur: qui continuo, ut invasit imperium, in Ganias transiit. Ibi saepe a barbaris incertas foederibus inlusus, detrimento magis reipublicae fait. Misit in Hispanias iudices: quos provinciae oboedienter accepissent, duo fratres iuvenes nobiles et locupletes Didymus et Verinianus non assumere adversus tyrannum quidem tyrannidem sed imperatori iusto adversus tyrannum et barbaros tueri sese patriamque suam moliti sunt. Quod ipso gestae rei ordine patuit. Nam tyrannidem neuro nasi celeriter maturatam secrete invadit et publice armat, cuias summa est assumpto diademate ac purpura videri antequam sciri; hi vero plurimo tempore servulos tantum suns ex propriis praediis colligentes ac vernaculis alentes sumptibus nec dissimulato proposito absque cuiusquam inquietudine ad Pyrenaei claustra tendebant. Adversus hos Constantinus Constantem filiam suam, -pro dolor!- ex monacho Caesarem factum, cum barbaris quibusdam, qui quondam in foedus recepti atque in militiam allectii Honoriaci vocabantur, in Hispanias misit.

 

406: V. Entregados estes a excesos polas Gallias, nas Britannias, Gratiano, un veciño desta illa, é nomeado tirano e asasinado. Para sucedelo foi elixido Constantino, da máis baixa milicia, só pola confianza neste nome5, sen mérito de virtude;

407: este axiña como se apoderou do poder pasou ás Gallias. Alí, burlado constantemente polos bárbaros con inseguras alianzas, inferiulle aínda máis dano á República.
408: Enviou ás Hispanias xuíces, aos que as provincias recibiron docilmente. Mais dous irmáns mozos, nobres e ricos, Dídimo e Veriniano, non se converteron en tiranos en contra do tirano, senón que trataron de defender ao emperador lexítimo6 e de se protexer a si e á súa patria contra o tirano e contra os bárbaros. O cal vese claro polo desenvolvemento dos acontecementos, pois o que usurpa a tiranía, apodérase do mando rapidamente, logo de preparar o golpe secretamente; despois deféndea cos recursos públicos, e o éxito aparece coa diadema e coa púrpura antes de que ninguén o saiba. Pola contra, eles, axuntando servos nada máis que dos seus propios predios e alimentándoos durante moito tempo cos recursos do seu patrimonio, sen disimular os seus propósitos, nin causar a menor inquedanza a ninguén, encamiñábanse cara aos pasos dos Pireneos. Constantino enviou contra eles ás Hispanias ao seu fillo Constante, feito César -iouh dolor!- de monxe7, con algúns bárbaros que, admitidos noutro tempo como aliados e alistados no exército, levaban o nome de honoríacos8.

 

 

VI. Hinc apud Hispanias prima mali labes. Nam interfectis illis fratribus, qui tutari privato praesidio Pyrenaei Alpes moliebantur, his barbaris quasi in pretium victoriae primum praedandi in Pallentinis campis licentia data, dehinc supra dicti montis claustrorumque eius cura permissa est remota rusticanorum fideli et utili custodia.   409: VI. De aquí xorde nas Hispanias a fonte de todos os males. Pois, mortos aqueles irmáns, que trataban de defender cos seus recursos privados os Alpes Pirenaicos, case coma se se lles concedese un premio pola súa victoria, permitíuselles a estes bárbaros primeiro saquear os campos Pallentinos, e despois encomendóuselles a custodia dos referidos montes e dos pasos respectivos, por ter desaparecido a fiel e útil custodia daqueles rústicos.

 

I: Paulo Orosio, I, 2.53.
II: Ambrosio: Expositio Evangelii secundum Lucam, x, 10.
III: Paulo Orosio, VII, 40.3.
IV: Xerome, Epístola, 123, Ad Geruchiam, 15.4.
V: Paulo Orosio, VII, 40.4-7.
VI. Paulo Orosio, VII, 40.7-8.
  (1) Illyrico, ou a Iliria, é a comarca costeira do Adriático entre, aproximadamente, o nordeste de Italia e a actual Albania. A ela chegaron os visigodos no ano 378, logo de derrotar en Adrianópolis, preto de Constantinopla, ao emperador Flavio Valente (364-378). Mantivéronse ali ata o 401. San Ambrosio alude aquí ás súas actuacións nela, antes de ser nomeado bispo de Mediolanum, hoxe Milán.
(2) Refírese Paulo Orosio ao xeneral Flavio Stilico (350-408), sogro do emperador Flavio Honorio (395-423), vándalo de nación e, de facto, o rexedor do Imperio. A historiografía actual non cre na súa implicación neste feito.
A invasión de Roma que indica é a efectuada polo visigodo Alarico (382-410), en agosto do 410. Existe, sen embargo, un erro de cálculo seu posto que o paso do Rhin non aconteceu dous anos antes, senón catro, xa que foi no 406.
(3) Refírese ás provincias das Galias. Os francos estaban naquel momento ao servicio de Roma, e tiñan ao seu cargo a defensa do limes do Rhin.
(4) Os cuados eran suevos asentados nas terras das actuais Austria e Chequia. Se Xerome Eusebio está axeitadamente informado, foron os coados os que formaban parte desta xigantesca vaga migratoria. Os panonnios vivían na actual Hungría.
(5) Flavio Claudio Constantino III (407-411) quen, sendo ao parecer nada máis que soldado, foi aclamado coma emperador polas tropas acantonadas na Britannia, do mesmo xeito que o fora tamén, en Eboracum, hoxe York, se ben que cen anos antes, Constantino I o Grande. Posteriormente, Constantino III foi aceptado coma co-emperador polo propio Honorio, con xurisdición sobre Britannia, as Gallias e as Hispanias, ainda que, máis tarde, acabaría por ser executado.
(6) Ambos tiñan os seus latifundios na Lusitania, e eran parentes próximos do emperador Honorio (395-423).
(7) Constante II, fillo de Constantino, e anteriormente monxe, foi Augusto
no período 408 ao 411, e estivo na Península, antes de ser asasinado nas Gallias.
(8) Continxente de tropas composto por scotos, mouros e marcománs.

 

     
 

 

   

INCIPIT CHRONICA HERMERICI

 

 

 PRINCIPIA A CHRONICA DE HERMERICO

I. Igitur Honoriaci inbuti praeda et inlecti abundantia, quo magis scelus inpunitum foret atque ipsi sceleri plus liceret, prodita Pyrenaei custodia claustrisque patefactis cunctas gentes, quae per Gallias vagabantur, Hispaniarum provinciis inmittunt isdemque ipsi adiuguntur: ubi actas aliquamdiu magnas cruentisque discursibus, post graves rerum atque hominum vastationes, de quibus ipsos quoque modo paenitet, habita sorte et distributa usque ad nunc possessions consistunt.

 

 

  409. I. Así, pois, os honoríacos, ebrios co botín, e fascinados pola abundancia, para que o seu delicto quedase máis impune e tivesen ocasión de cometer novas profanacións, abandonando traizoeiramente a custodia do Pireneo e deixando libres os pasos, meten nas provincias das Hispanias a todos os pobos que vagaban polas Gallias, uníndoselles eles mesmos: alí fan grandes e cruentas correrías, e logo de graves devastacións contra bens e persoas, que ata a eles mesmos lles pesa hoxe, botan sortes e distribúen o terreo, e están ata agora en posesión do mesmo.
 

II. Alani et Vandali et Sueui Hispanias ingressi, cera CCCCXLVII. Alii IIII kal. alii III idus Octobris memorant die, tertia feria, Honorio VIII et Theodosio Arcadii filio III consulibus.


 

 

  409: II. Os alanos, os vándalos e os suevos penetraron nas Hispanias no ano 447 da Era9. Para uns a data sería a do catro das calendas, para outros o día tres dos idus de outubro, martes, no oitavo consulado de Honorio, e o terceiro de Theodosio, fillo de Arcadio10.
 
III. Sueui duce Ermerico rege cum Alanis et Wandalis simul Hispanias ingressi sunt aera CCCCXCVII.
 
  409: III. Os suevos, conducidos polo rei Hermerico, entraron nas Hispanias ao mesmo tempo que os alanos e os vándalos, na Era 447.
IV. Barbari, qui in Hispanias ingressi fuerant, caerde depraedantur hostili.

 

  410: IV. Os bárbaros, que entraran nas Hispanias, saquean e matan ao inimigo.

V. Pestilentia suas partes non segnius operatur.

 

  410: V. Pola súa banda, a peste non se fai notar menos.

VI. Debacchantibus per Hispanias barbaris et saeuiente nihilominus pestilentiae malo, opes et conditam in urbibus substantiam tyrannicus exactor diripit et miles exhaurit. Fames dira grassatur, adeo ut humanae carnes ab humano genere ui famis fuerint deuoratae: matres quoque necatis uel coctis per se natorum suorum sint pastae corporibus. Bestiae, occisorum gladio fame pestilentia cadaueribus adsuetae, quosque hominum fortiores interimunt eorumque carnibus pastae passim in humani generis efferantur interitum. Et ita, quattuor plagis ferri famis pestilentiae bestiarum ubique in toto orbe saeuientibus, praedictae a domino per prophetas suos adnuntiationes implentur.

 

 

  410: VI. Mentres que as Hispanias son sometidas aos excesos dos bárbaros, e que o mal da pestilencia non produce menos dor, as riquezas e os bens almacenados nas cidades son saqueados polo tiránico recadador de impostos, e esgotados polo soldado. A fame ábrese camiño de xeito que os humanos devoran carne humana forzados pola escaseza: e ata as propias nais se alimentaron cos corpos dos fillos que elas mesmas mataran ou coceran11. As bestas, afeitas indistintamente aos cadáveres dos exterminados pola espada, a fame ou a peste, matan mesmo á xente máis forte, e alimentadas polas súas carnes, adícanse por todas partes ao aniquilamento do xénero humano. É así que, polas catro pragas, o ferro, a fame, a pestilencia e as bestas, sófrese en todo o mundo, cumpríndose o que anunciara o Señor por medio dos seus profetas12.
 

VII. Aera CCCCLVII, subuersis memorata plagarum grassatione Hispaniae prouinciis, barbari ad pacem ineundam domino miserante conuersi, sorte ad inhabitandum sibi prouinciarum diuidunt regiones. Gallaeciam Vandali occupant et Sueui sita in extremitate oceani maris occidua; Alani Lusitaniam et Carthaginiensem prouincias et Vandali, cognomine Silingi, Baeticam sortiuntur. Hispani per ciuitates et castella residui a plagis barbarorum per prouincias dominantium se subiciunt seruituti.

 

 

  411: VII. No ano 457 da Era13, cando as provincias da Hispania estaban arrasadas por estas calamidades, os bárbaros, convertidos pola misericordia do Señor á idea de procurar a paz ad inhabitandum14 dividen entre eles por sorteo os distritos das provincias. Os vándalos ocupan a Gallaecia, e os suevos a parte do extremo occidental do mar Océano. Os alanos repártense a Lusitania e a Carthaginiense, e os vándalos, apodados silingos, a Baetica15 . Os Hispanos das cidades dos lugares fortificados que sobreviviran aos males dos bárbaros sométense por provincias á servidume dos dominadores.
VIII. Quae cum ita sint, illud tamen clementia Dei eadem pietate, qua dudum praedixerat, procuravit, ut secundum Evangelium suum, quo incessabiliter commonebat : «cum vos persecuti fuerint in una civitate, fugite in aliam», quisque egredi atque abire vellet, ipsis barbaris mercennariis ministris ac defensoribus uteretur. Hoc tunc ipsi ultro offerebant; et qui auferre omnia interfectis omnibus poterant, particulam stipendii ob mercedem servitii sui et transvecti oneris flagitabant. Et hoc quidem a plurimis factum est.
 
  414: VIII. Aínda que isto é así, con todo, a clemencia de Deus, coa mesma piedade coa que antes o anunciara segundo o seu evanxeo, no que incesantemente advertía «cando sexades perseguidos nunha cidade, fuxide a outra», permitiu que calquera que quixese saír ou marchar puidese utilizar aos bárbaros coma mercenarios, servidores ou protectores. Ata este punto se ofrecían eles que, podendo matar a todos e collelo todo, suplicaban un pequeno estipendio como recompensa polos seus servizos, ou por levar unha carga. E isto fixérono moitos.
 
IX. Quamquam et post hoc quoque continuo barbari exsecrati gladios suos ad aratra conversi sunt residuosque Romanos ut socios modo et amicos fovent, ut inveniantur iam inter cos quidam Romani, qui malint inter barbaros pauperem libertatem, quam inter Romanos tributariam sollicitudinem sustinere.   414: IX. Emporiso, os de continuo aldraxados bárbaros, converteron as súas espadas en arados, e aos romanos que subsisten, trátanos como aliados e amigos, de xeito que se atopan entre eles algúns romanos que prefiren vivir no medio dos bárbaros en pobre liberdade, a manter a preocupación dos tributos entre os romanos16.
 

X. Ataulfus, a patricio Constantio pulsatus, ut relicta Narbona Hispanias peteret, per quendam Gothum apud Barcilonam inter familiares fabulas iugulatur. Cui succedens Vallia in regno cum patricio Constantio pace mox fasta Alanis et Vandalis Silingis in Lusitania et Bactica sedentibus aduersatur.

 

  415: X. Ataúlfo, rexeitado polo patricio Constantio, ten que deixar Narbona para se encamiñar ás Hispanias, sendo degolado en Barcilona por un godo, por cuestións familiares17. Sucedeuno no reino, Vallia18, o cal, unha vez feita rapidamente a paz co patricio Constantio, disponse contra os alanos e os vándalos silingos, asentados na Lusitania e na Baetica19.
 
XI. Quamvis et ceteri Alanorum Vandalorum Sueborumque reges eodem nobiscum placito depecti forent mandantes imperatori Honorio: «tu cum omnibus pacem habe omniumque obsides accipe: nos nobis confligimus, nobis perimus, tibi vincimus, inmmortali vero quaestu reipublicae tuae, si utrique pereamus». ¿Quis haec crederet, nisi res doceret?

 

  417: XI. Aínda que os demais reis dos alanos, vándalos e suevos, terían pactado con nós, co mesmo interese comunicáronlle ao emperador Honorio: «ti mantén a paz con todos, e recibe reféns de todos; nós por nós combatemos e por nós perecemos, mais vencemos por ti se morremos os dons con beneficio para a túa inmortal república». ¿Quen o crería se a cousa non fose manifesta?
XII. Itaque nunc cottidie apud Hispanias geri bella gentium et agi strages ex alterutro barbarorum crebis certisque nuntiis discimus, praecipue Valliam Gothorum regem insistere patrandae paci ferunt.

 

  417: XII. Así, pois, sabemos por frecuentes e fiables mensaxeiros que nas Hispanias hai acotío guerras e matanzas entre as razas dos distintos bárbaros, manifestándonos principalmente que Vallia, rei dos godos, insiste en facer a paz20.
XIII. Vallia, rex Gothorum, Romani hominis causa, intra Hispanias caedes magnas efficit barbarorum.
 
  417: XIII. Vallia, rei dos godos, fai enormes matanzas de bárbaros nas Hispanias, por causa do nome romano21.
XIV. Vandali Silingi in Baetica per Valliam regem omnes extincti.

 

  418: XIV. Todos os vándalos silingos da Bética son eliminados polo rei Vallia.

XV. Alani, qui Vandalis et Sueuis potentabantur, adeo caesi sunt a Gothis, ut extincto Addace rege ipsorum pauci, qui superfuerant, abolito regni nomine Gundeciri regis Vandalorum, qui in Gallaecia resederat, se patrocinio subiugarent.

 
  418: XV. Os alanos, que exercían o seu poder sobre os vándalos e os suevos, son abatidos polos godos, ata o punto de que, morto o seu rei Addax, os poucos sobreviventes, abolido o seu reino, sométense ao patrocinio do rei dos vándalos, Gunderico, que residía na Gallaecia22.
 
XVI. Gothi, intermisso certamine quod agebant per Constantium ad Gallias reuocati, sedes in Aquitanica a Tolosa usque ad Oceanum acceperunt.

 

  418: XVI. Os godos, detida por Constantio a loita na que estaban empeñados, foron devoltos ás Gallias e recibiron asento na Aquitánica, dende Tolosa ata o Océano23.
 
XVII. Inter Gundericum Vandalorum et Hermericum Sueuorum reges, certamine orto Sueui in Nerbasis montibus obsidentur a Vandalis.

 

  419: XVII. Entre Gunderico e Hermerico, reis dos vándalos e dos suevos, xorde un enfrontamento, e os suevos son asediados polos vándalos nos montes Nerbasios24.

XVIII. Vandali, Sueuorum obsidione dimissa instante Asterio Hispaniarum comite, et sub uicario Maurocello aliquantis Bracara in exitu suo occisis, relicta Gallaecia ad Baeticam transierunt.

 
  420: XVIII. Os vándalos abandonan o asedio dos suevos, ameazados pola presencia de Asterio, conde das Hispanias, perecendo bastantes en Bracara, baixo o vicario Maurocello 25, no decurso da súa saída, polo que deixando a Gallaecia marcharon á Baetica26.

 

XIX. Gaisericus rex, de Baeticae prouinciae litore, cum Vandalis omnibus eorumque familiis, mense Maio ad Mauretaniam et African relictis transit Hispaniis. Qui priusquam pertransiret admonitus Heremigarium Sueuum uicinas in transitu suo prouincias depraedari, recursu cum aliquantis suis facto praedantem in Lusitania consequitur. Qui haud procul de Emerita, quam cum sanctae martyris Eulaliae iniuria spreuerat, maledictis per Gaisericum caesis ex his quos secura habebat, arrepto, ut putauit, euro uelocius fugae subsidio, in flumine Ana divino brachio praecipitatus interiit.
Quo ita extincto mox quo coeperat Gaisericus enauigauit.
 

 

  429: XIX. O rei Gaiserico deixou as Hispanias no mes de maio, con todos os vándalos e as súas familias, e parou a Mauretania e África dende as costas da provincia Baetica. Antes de pasar foi advertido das depredacións do suevo Heremigario polas provincias próximas ao lugar do seu tránsito, e volvendo atrás con bastantes dos seus alcanza ao saqueador na Lusitania. Non lonxe de Emérita Heremigario inxuriara á santa mártir Eulalia, mais as súas maldicións e as do seu entorno foron abatidas por Gaiserico. Fuxido das tropas de reserva, máis veloz que o vento do leste, foi precipitado no río Ana polo brazo divino, e pereceu. Pouco despois da súa morte, Gaiserico emprende rapidamente a navegación27.   
 
XX. Sueui, sub Hermerico rege, medias partes Gallaeciae depraedantes, per plebem, quae castella tutiora retinebat, acta suorum partim caede, partim captiuitate, pacem quam ruperant, farniliarum quae tenebantur redhibitione restaurant.

 

  430: XX. Os suevos que baixo o rei Hermerico depredaban as medias partes da Gallaecia, mortos en parte e en parte capturados pola plebe28, que retiña os lugares fortificados máis seguros, restauran a paz que violaran devolvendo as cousas das familias que colleran29.
XXI. Rursum Sueui initam cum Gallaecis pacem libata sibi occasione conturbant. Ob quorum depraedationem Ydatius episcopus ad Aetium ducem, qui expeditionem agebat in Gallis, suscipit legationem.

 

  431: XXI. De novo aproveitan os suevos unha ocasión para conturbar a paz emprendida cos gallaecos. A causa desta depredación, o bispo Ydacio asume unha legación ante o xeneral Aetio, que dirixía unha campaña nas Gallias30.
XXII. Vetto, qui de Gothis dolose ad Gallaeciam uenerat, sine aliquo effectu redit ad Gothos.

 

  431: XXII. Vetto, que viñera con falsidades á Gallaecia de parte dos godos, retorna a eles sen ningún resultado31.(26)
 

XXIII. Superatis per Aetium in certamine Francis et in pace susceptis, Censorius comes legatus mittitur ad Sueuos, supra dicto secum Ydatio redeunte.

 
  432: XXIII. Vencidos en combate os francos por Aetio e asumidos na paz, o conde Censorio é enviado como legado onda os suevos, e o xa mencionado Idacio retorna con el.
 

XXIV. Regresso Censorio ad palatium, Hermericus pacem cum Gallaecis, quos praedabatur assidue, sub interuentu episcopali datis sibi reformat obsidibus.

 

  433: XXIV. Volto Censorio a Palacio, Hermerico fai, baixo intervención episcopal, a paz cos gallaecos aos que depredaba habitualmente, despois de recibir reféns32.
 
XXV. Symphosius episcopus, per eum ad comitatum legatus missus, rebus in cassum frustratur arreptis.

 

  433: XXV. A causa disto, o bispo Symphosio, legado enviado por el á corte, resulta frustrado nas súas insidias33.
XXVI. Rursus Censorius et Fretimundus legati mittuntur ad Sueuos.

 

  437: XXVI. Son enviados de novo aos suevos os legados Censorio e Fretimundo.
XXVII. Sueui, cum parte plebis Gallaeciae cui aduersabantur, pacis fura confirmant.

 

  438: XXVII. Os suevos confirman a paz pactada coa parte da plebe da Gallaecia coa que estaban enfrontados34.
XXVIII. Hermericus rex, morbo oppresus, Rechilam filium suum substituit in regnum: qui Andeuotum cum sua, quam habebat, manu ad Singillionem Baeticam fluuium aperto marte postrauit magnis eius auri et argenti opibus occupatis.

 

  438: XXVIII. O rei Hermerico, oprimido por unha grave doenza, puxo no reino ao seu fillo Rechila, o cal vencera a Andevoto pola súa man en combate aberto no río Singilion, na Bética35, conseguindo grandes cantidades de ouro e de prata.
XXIX. Rechila, rex Sueuorum, Emeritam ingreditur.

 

  439: XXIX. Rechila, rei dos suevos, entra en Emérita.
XXX. Censorius comes, qui legatus missus fuerat ad Sueuos, rediens Martyli obsessus a Rechila in pace se tradidit.
 
  440: XXX. O conde Censorio, o legado que fora enviado aos suevos, ao retornar, é sitiado por Rechila en Martyli e réndese sen loita36.
XXXI. Rex Sueuorum, diuturno per annos VII morbo adflictus, moritur Hermericus.  

441: XXXI. Morre Hermerico, rei dos suevos, aflixido durante sete anos por unha longa enfermidade.

 

 

   
I: Paulo Orosio, VII, 40.9-10.
II: Idacio, & 42.
III: Isidoro: «Historia Suevorum», «versio brevis», 85.
IV. Idacio, & 46.
V: Idacio, & 47.
VI: Idacio, & 48.
VII: Idacio, & 49.
VIII: Paulo Orosio, VII, 41.4-6.
IX: Paulo Orosio, VII, 41.7.
X: Idacio, & 60.
XI: Paulo Orosio, VII, 43.14-15.
XII: Paulo Orosio, VII, 43.15-16.
XIII: Idacio, & 63.
XIV: Idacio, & 67.
XV: Idacio, & 68.
XVI: Idacio, & 69.
XVII: Idacio, & 71
XVIII: Idacio, & 74.
XIX: Idacio, & 90.
XX: Idacio, & 91.
XXI: Idacio, & 96.
XXII: Idacio, & 97.
XXIII: Idacio, & 98.
XXIV: Idacio, & 100.
XXV: Idacio, & 101.
XXVI: Idacio, & 111.
XXVII: Idacio, & 113.
XXVIII: Idacio, & 114.
XXIX: Idacio, & 119.
XXX: Idacio, & 121.
XXXI: Idacio, & 122.
 

(9) Que se corresponde co 409 d. C. A Era son sempre 38 anos máis que o calendario actual.
(10) Respectivamente, o 28 de setembro e o 13 de outubro do 409. Este último día foi mércores; non martes. Martes si o foi o 28 de setembro.
(11) Evidente esaxeración, talvez tomada dun feito comentado por Olympiodoro de Tebas cara ao ano 425.
(12) Pragas tomadas do profeta Ezequiel. Idacio describe aquí, cargando canto pode as tintas, o vacío de poder, que detecta tamén a historiografía, con anterioridade xa ás invasións, así como as consecuencias das revoltas sociais e da chegada dos bárbaros. Un momento no que é probable que tanto as autoridades civís coma as tropas non cobrasen.
(13) Erro do copista. Debería dicir, Era CCCCXLIX, 449, que se corresponde co 411 d. C., que é cando isto aconteceu, se ben que a Chronica Gallica, redactada cara ao 453, sitúa o feito no ano 412.
(14) Literalmente, para habitala, posible fórmula xurídica baseada nos principios da hospitalitas, mediante a cal, no ano 418, se posesionaron tamén os visigodos da provincia da Aquitania.
(15) Advírtase como a Tarraconense, as Baliares e a Tingitania non entraron no reparto. A Gallaecia, ocupada por suevos e vándalos asdingos, chegaba naquel momento, segundo nos indican os datos manexados por Paulo Orosio e a Notiria Dignitatum, polo sur, cando menos ao río Douro, e polo leste ata os lindeiros do actual País Vasco, e as inmediacións de Numancia, na provincia de Soria. Os suevos ocuparon o seu extremo occidental, mentres que e os vándalos quedaron, posiblemente, co resto dela.
(16) Os contidos tanto deste parágrafo coma do anterior, en afinidade coas opinións que o hispano Consentio lle comunicaba naquel momento a San Agostiño, ou coas de Salviano de Marsella, cara ao ano 440, ofrecen un panorama menos negro, respecto ás consecuencias da invasión, có achegado por Idacio.
(17) Ataúlfo (410-415), rei visigodo, casado con Gala Placidia (388-450), irmá do emperador Honorio. Residiu en Barcelona dende principios do 415 ata o mes de agosto do mesmo ano, no que foi asasinado.
(18) Que morrería no 418, logo de devolver Gala Placidia aos romanos.
(19) Non o fixo, sen embargo, contra os suevos e os asdingos asentados na Gallaecia.
(20) Auténtico eufemismo por parte de Paulo Orosio, xa que, coma se deduce dos parágrafos que seguen, o que en realidade pretendía era a sua destrución.
(21) É dicir, «no nome de Roma».
(22) Parece entenderse que os alanos, o único pobo non xermánico que participara na invasión, eran os máis fortes, ou talvez, os máis numerosos. Quizais por iso quedaron con dúas provincias: a Lusitania e a Carthaginiense. Gunderico (406-428), rei dos vándalos asdingos, sucedera ao seu pai, Godigiselo, ao morrer este nos combates por pasar o Rhin a finais do 406, e gobernaba na parte oriental da Gallaecia. Respecto ao aniquilamento dos vándalos silingos e dos alanos, por parte de Vallia, por forza débese de tratar dunha desmesura do historiador.
(23) O xeneral e patricio Constantio acababa de se casar con Gala Placidia, irmá do emperador e viúva de Ataúlfo. A cambio da súa axuda militar, concedeulle aos visigodos a provincia da Aquitania, nas Gallias, dende a actual Toulousse ata o Océano. Os visigodos permanecerían nela ata o ano 507, momento no que os francos os obrigaron a pasar á península Ibérica.
(24) A Chronica Gallica, do ano 453, puntualiza que os vándalos pretendían apoderarse das terras dos suevos. Ignórase a situación destes montes Nerbasios, mais debíanse de atopar próximos ao Phoros Narbason, que o xeógrafo Claudio Ptolomeo situara, arredor do ano 150, non lonxe de Bracara, hoxe Braga, a cabeza do reino suevo. Isto é o que explica que a atacasen na súa retirada.
(25) Autoridade con xurisdición militar, xurídica e fiscal sobre as sete provincias hispánicas. Era auxiliado polo chamado Conde das Hispanias, que gozaba de parecidas atribucións.
(26) Esta sorprendente axuda a Hermerico, por parte dos romanos, non se explicaría se os suevos non se estivesen a comportar debidamente no territorio que ocuparan. En troques, o ataque dos vándalos, violaba calquera sorte de status que puidese existir naquel momento.
(27) Gaiserico (428-477), irmán e sucesor de Gunderico, sería o creador do reino vándalo de África. O río Ana é o actual Guadiana. Os estudios filolóxicos suxiren, así mesmo, considerar a este Heremigario -advírtanse as partículas herm e arius do seu nome- coma parente, filio ou irmán, do rei Hermerico.
(28) Plebs no orixinal; denominación aplicada a individuos das clases baixas, nunca ós de certo rango. Para Idacio parece ter o valor semántico que «pobo» ou «nativo».
(29) Comentario un tanto cuestionable. Se os homes de Hermerico foran mortos en parte, e en parte capturados, moi dificilmente poderían ter collido nada para devolver. E importante, a súa referencia a que a plebe galaica retiña lugares fortificados -sen dúbida os castela ou castros-, do interior do país. Que estes enfrontamentos non se producisen ata vinte anos despois da ocupación, obriga a pensar en que estas medias partes da Gallaecia, ou se viñeran rexendo autonomamente ata entón, ou eran parte do territorio que acababan de abandonar os vándalos, e que os suevos trataban de ocupar.
(30) Idacio, que levaba uns tres ou catro anos sendo bispo de Aquae Flaviae, gozaba tamén, conta todos os prelados dende o 408, de xurisdición civil sobre o territorio da súa Sé. A súa embaixada non se encamiñou á corte, senón ao xeneral Flavio Aetio, en campaña entón contra os francos. Aerio converteríase inmediatamente despois no árbitro do imperio. EI foi quen derrotou a Atila no ano 452.
(31) 0 nome deste emisario é galo. Cabe pensar que trataba de conseguir un pacto godo-suévico en contra dos intereses de Roma. Se nada acadou debeu de ser porque as relacións de Hermerico co imperio, especialmente logo da axuda que este lle prestara contra os vándalos, debían de ser boas.
(32) Paz entre os gallaecos e Hermerico, na que mediou algún bispo, probablemente o propio Idacio, e na que os primeiros tiveron que entregar reféns coma garantía. O conde Censorio, legado de Aetio, debeu de volver á corte, entón situada xa en Ravenna, no nordeste de Italia, onde gobernaba Gala Placidia, en representación do seu filio Placidio Valentiniano III (424-455), aínda neno.

(33) Dados os trinta e tres anos transcorridos dende o Concilio de Toledo, é posible que non se trate do bispo de Astúrica Augusta, hoxe Astorga, do mesmo nome, que daquela asistira a el. Mais, de selo, podería significar que Hermerico conseguira gañarse tamén aos habitantes desta parte da provincia, antes baixo os vándalos.
(34) Referendo, polo que parece, das paces anteriores. Como se advirte esta plebe da Gallaecia, a que retiña no seu poder os lugares fortificados, é para Idacio a única interlocutora destes pactos.
(35) Andevoto era o xefe das forzas romanas nas Hispanias que continuaban baixo o seu poder. O río Singilion é o actual Genil, que pasa por Granada. O novo rei Rechila parece encarnar unha tendencia na política sueva, encamiñada a unha expansión territorial do reino.
(36) Foi grave esta acción de Rechila ao atacar a un legado ao que, ademais, tiña que coñecer persoalmente. Martyli é a actual vila portuguesa de Mértola, nas beiras do Guadiana. Do conde Censorio, que estivera na corte sueva nos anos 432-33, e no 437, a mediar pola paz, sabemos que morreu oito anos despois en Hispalis, Sevilla, asasinado por Agiulfo, un godo, posiblemente ao servizo de Roma.

     
     

EPITOME

 

EPÍTOME

XXXII. Aera CCCCXLVI, Sueui principe Ermerico cum Alanis et Wandalis simul Spanias ingressi sunt atque omnem Galliciam cum Wandalis occupant.

 

  409: XXXII. Na Era 49637, os suevos, sendo Ermerico o seu príncipe, entraron nas Spanias na compaña dos alanos e dos vándalos, e con estes ocuparon toda Gallicia.
XXXIII. Wandalis autem Africam transeuntibus Galliciarn soli Sueui sortiti sunt. Quibus praefuit in Spaniis Ermericus annis XXXII. Gallici autem in parte prouinciae regno suo utebantur, quos Ermericus assidua uastatione depraedans tandem morbo obpressus pacem cum eis fecit.   420: XXXIII. Mais, cando os vándalos pasaron a África, os suevos atopáronse coa posesión de Gallicia para eles sós. Ao fronte destes estivo nas Spanias, Ermerico, durante trinta e dous anos38. Sen embargo os gallicos exercían o seu dominio en parte da provincia39. Ermerico, que os depredaba con asiduas devastacións, ao fin, abatido pola enfermidade, fixo a paz con eles.

 

XXXIV. Riccilanem filium suum in regnum substituit, qui cum magna parte exercitus missus Andeuotum Romanae militiae ducem cum multis copiis ad Singilium Baeticae prouinciae fluuium inito bello postrauit magnis eius auri argentique copiis occupatis. Inde Emeritam obsessam ingreditur atque obtentam proprio regno adsociat.

 

 

  438: XXXIV. Substituíuno no reino o seu filio Riccila quen, enviado con gran parte do exército, aniquilara a Andevoto, xefe das forzas romanas, con moitas tropas, nun combate que se deu onda o río Singilio, na provincia da Baetica, e ocupoulle gran cantidade de ouro e de prata. Dende alí entrou en Emérita, logo dun asedio e, unha vez tomada, engadiuna ao seu propio reino40.
XXXV. Ermericus autem pater eius per annos septem diuturno langore adfectus interit.   441: XXXV. Morre Hermerico, o seu pai, vítima da longa enfermidade que sufriu durante sete anos41.
 

EXPLICIT CHRONICA HERMIRICI

 

FINALIZA A CHRÓNICA DE HERMERICO

     
XXXII a XXXV: Isidoro: Historia Suevorum «versio longa», & 85.   (37) Erro do copista. Non debería dicir Era 496, senón Era 447.
(38) Isidoro utiliza xa topónimos e xentilicios un tanto evoluídos, coma estes de Gallicia, Spanias e Gallici. Se ao ano 438, no que abdicou, lle deducimos eses 32, que di que reinou nas Spanias, resulta que Hermerico era rei xa no 406, cando os suevos principiaran a súa longa migración. Mais, se llos restásemos ao 441, data da súa morre, o seu reinado tería comezado no 409, o momento do paso dos Pireneos.
(39) Importante precisión de Isidoro, que confirma o xa comentado por Idacio. Deberon ser as pequenas unidades étnicas autóctonas, que perduraran ao longo dos catro séculos da ocupación romana baixo as denominacións de castela, civitas ou populi, as que permaneceron autónomas.
(40) Emérita, a capital da Lusitania, é a actual Mérida. Entre os anos 438 e 441 Rechila incorporou ao seu reino a Lusitania, a Baetica e a Carthaginiense.
(41) Con base nas datas nas que comezaron a reinar o seu fillo Rechila (438), e o seu neto Rechiario (448), pódese conxecturar que Hermerico puido nacer arredor do ano 380. Debía de contar, pois, con arredor duns 60, ou 65, anos no momento no que morreu.

 

 

A XEITO DE CONCLUSIÓN



     Canto neste momento nos permiten saber a arqueoloxía, a numismática, a epigrafía, a toponimia e a antroponimia, en nada contradí aos textos que, aínda que un tanto parcos en precisións informativas, acabamos de escolmar.
     Así mesmo, os datos achegados polas disciplinas arriba indicadas demostran que o occidente da Gallaecia foi, con moito, a parte máis xermanizada de toda a Península. Que nela se advirta un núcleo aínda máis denso, que abrangue dende Tude a Bracara e Portumcale, é dicir, de Tui a Braga e Porto, fai pensar que o territorio que nun principio controlou Hermerico debeu de se reducir a pouco máis que ao desa área. O resto da súa circunscrición debe de se corresponder con esas medias partes da Gallaecia, nas que, por algún tempo, prevaleceu a que Idacio denominou plebs gallaeci.
     O asentamento suevo debeu de se producir de xeito pacífico, como cabe deducir da metáfora bíblica utilizada por Paulo Orosio respecto a que os bárbaros «converteron as súas espadas en arados», e do feito de que os primeiros desacordos con eses gallaeci, que Idacio Lémico recolle, na solución dos cales parece terse implicado el mesmo persoalmente, non xurdiron senón vinte anos despois.
     Polo romano Caio Cornelo Tácito (55-120) sabemos que os suevos eran excelentes agricultores nas súas terras de orixe, o que nos ofrece unha pauta para intuír a clase de actividade á que se adicaron unha vez instalados. En canto ao reparto dos distritos e provincias, efectuado polos bárbaros, parece claro que foi unilateralmente decidido por estes, logo de case que dous anos de precaria subsistencia, nas terras da Meseta. Tan só cara ao 416, segundo nos informa Paulo Orosio, parece terse dado un intento de achegamento seu cara ao emperador Honorio, que este rexeitou, a non ser no que a Hermerico se refire, coma caben entenderse os feitos posteriores, xa que este foi o único ao que non ordenou atacar a Vallia, e ao que axudou despois, no ano 420, contra os vándalos.
     Considérase, así mesmo, que a monarquía por Hermerico fundada foi, como as de todos os xermanos, electiva, correndo a cargo da Asemblea Nacional, e da Asemblea de Xefes, tanto o seu referendo coma o seu control. Os monarcas suevos tiñan a obriga de respectar un ordenamento xurídico, de fondo consuetudinario, oralmente transmitido, que regulaba o funcionamento do seu embrionario estado. O mesmo Tácito indícanos que os reis xermanos «non tiñan un poder ilimitado, nin arbitrario».
     En canto aos seus exércitos estaban formados polos homes libres, infantes e xinetes, armados con lanzas, espadas e cotas de malla.
     Hermerico cuñou moedas inmediatamente, copiando as de Roma, e aínda sendo pagán para nada se inmisciu nas crenzas relixiosas dos seus novos súbditos, xa que unha das consecuencias que se tira dos textos é a de que, na Gallaecia, continuaron exercendo con liberdade tanto os católicos coma os priscilianistas, as dúas confesións que entón imperaban no país, e que este mesmo foi visitado, ao longo do seu reinado, por bispos procedentes de Arabia e de Grecia.
     A documentación conservada, a arqueoloxía e a repousada análise efectuada polos historiadores, inclinan a pensar que, durante o período no que gobernou, e a non ser nas partes que os galaicos conservaron no seu poder, Hermerico limitouse a superpoñer a súa limitada estrutura política sobre o ordenamento anterior. Non foron abandonadas as cidades, nin se produciu unha alteración drástica das armazóns económicas, sociais ou políticas do país, como ata non hai moito se viña sostendo. A realidade parece ser a de que aquel vacío de poder que detecta a historiografía, e que se advirte tamén en Idacio, situación da que se tratou de responsabilizar aos bárbaros, estábase a dar xa con bastante anterioridade ao momento no que estes decidiron sair das súas terras de orixe. O que as escavacións nos están a demostrar agora é que, unha vez asentados os suevos, se produciu unha recuperación no país e ademais pagáronse menos impostos. O comercio e as producións industriais tardorromanas, non desapareceron senón no século VII, en tempos xa do dominio godo sobre a Gallaecia.
     No aspecto político, Hermerico parece terse decantado pola negociación e os pactos, xa que, ademais de recibir e de enviar legados, soubo artellar paces cos galaicos. E negouse a se entender cos godos das Galias, en contra do acordo que con Roma parecía manter. É moi posible tamén que, antes deste feito, intervise no enlace dun nobre suevo, posible parente seu, cunha filla de Vallia.
     A grande expansión territorial dos suevos que, arredor do ano 451, chegaron a controlar case que toda a Península, é posterior xa á desaparición de Hermerico, se ben parece terse iniciado no momento no que lle cedeu o control do reino a Rechila.
     Conxectúrase que Hermerico, ao contrario que todos os demais conquistadores, debeu de renunciar a imporlle a súa fala aos seus novos súbditos, inmensamente máis numerosos que os suevos. Como consecuencia estes aprenderon o xa medio romanceado latín que aqueles falaban, se ben souberon manter a súa úbeda e musical antroponimia, parte da cal perdura aínda.
     E ainda que non contamos con ningún testemuño que nolo confirme, é máis que posible tamén que fose el quen, xa coma rei, ou ben coma simple dux, ou caudillo, liderase a impresionante marcha do seu pobo, dende as súas terras de orixe, nas actuais Chequia, Eslovaquia e Austria, ata as «extremas sedes da Gallaecia». Resulta difícil que un feito coma este puidese realizarse sen contar cun auténtico líder.
     Así mesmo, deberemos de considerar coma unha velada homenaxe de admiración, cara á súa figura, certos silencios de Idacio. Do contrario, non podería comprenderse por que, sendo este tan dado sempre ao providencialismo e á utilización de tópicos apocalípticos, non aproveitara a longa e grave enfermidade de Hermerico para anatemizalo considerándoa coma un castigo divino, coma fixo con outros persoeiros.
     Podemos concluír dicindo que Hermerico, ademais de prudente, parece ter sido un gobernante autenticamente avanzado para o seu tempo. Unha disposición da que xa non pareceron gozar os seus sucesores.

 

 

BIBLIOGRAFÍA PRINCIPAL

AMBROSIO, San (1966), Tratado sobre el evangelio de San Lucas, Madrid.
ARCE, JAVIER (1986), El último siglo de la España romana (284-409), Madrid.
BELTRÁN LLORIS, FRANCISCO e F. MARCO SIMON (1987), Atlas de Historia Antigua, Zaragoza.
BERNARDO, JAIME (1991), Las monedas acuñadas en Galicia, Barcelona.
CAMERON, A. (2001), El Bajo Imperio Romano (284-430), Madrid.
CAVADA NIETO, MILAGROS e ARIAS VILA, FELIPE (1979), Galicia Bajorromana, en Gallaecia, núm 3/4. A Coruña.
DIAZ, PABLO C. (1997), «Gallaecia. De reino suevo a provincia visigoda», en O feito diferencial galego, I. A Coruña
DÍAZ MARTÍNEZ, P. C. (1992), «El alcance de la ocupación sueva de Gallaecia y el problema de la germanización», en Galicia: da Romanización á Xermanización, páxs. 209-226, Santiago de Compostela.
IDACIO LÉMICO, Vide: Henrique Flórez, Tomo IV, e (1974) Alain Tranoy: Hydace.
ISIDORO DE SEVILLA (1982), Etimologias, 2 vols., Madrid.
_______(1975), Las Historias de los Godos, Vándalos y Suevos. León.
JERÓNIMO, SAN (1993 e 1995), Epistolario. II vols., Madrid.
MCEVEDY, COLIN (1992), The New Penguin Atlas of Medieval History, Singapore.
MATTOSO, JOSÉ (1993), Historia de Portugal. Antes de Portugal.
MENÉNDEZ PIDAL, RAMÓN (1976), España Visigoda, Madrid.
________(1982), España Romana Il.*. Madrid.
________(1982), España Romana II.**. Madrid.
NÚÑEZ GARCÍA, OSCAR (2001), «Invasiones y cristianismo. Repercusiones de la presencia sueva en la iglesia galaica del siglo V», en Gallaecia núm. 20, Santiago de Compostela.
PAULO OROSIO (1982), «Historias». II vols. Madrid.
________Texto latino en, (1976) Le Storie contro i Pagani. II vols., Verona.
PITA FERNÁNDEZ, RICARDO LUIS (1999): A moeda en Galicia e Galicia na moeda, Edición do autor, Santiago de Compostela.
REINHART WILHELM (1952), Historia General del Reino Hispánico de los Suevos, Madrid.
TORRES RODRÍGUEZ, CASIMIRO (1977): Galicia Sueva, A Coruña.
________(1982): La Galicia Romana, A Coruña.
________(1985): Paulo Orosio y sus obras, Santiago.
TRANOY, ALAIN (1974): Hydace. Chronique. 2 vols., París.
VV.AA.:  (1947), Fontes Hispaniae Antiquae, Fascículo IX. «Épocas visigoda y bizantina», Edición de Roberto Grosse. Barcelona.
________(1959), Fontes Hispaniae Antiquae. Fascículo VIII. «Desde César hasta el siglo V», Edición de Roberto Grosse. Barcelona.
________(1979), Historia de la Iglesia en España. Madrid.
________(1991), Tabula Imperii Romani. Hoja K-29: Porto, Madrid.
________(1995), Galicia Romana, A Coruña.
________(1995), Historia de Galicia. Galicia Medieval, A Coruña.
________(1997), VII Semana de Estudios Medievales, Logroño.
________(2000), El Cristianismo. Aspectos históricos de su origen y difusión en Hispania, Vitoria-Gasteiz.
VIVES, JOSÉ (1963): Concilios visigóticos e Hispano Romanos, Barcelona-Madrid.
XEROME EUSEBIO DE ESTRIDÓN, SAN: Vide: JERÓNIMO,San.


 

 

 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega