Regreso e advenimento

 

Escolma

 


cando a morte te leve polos recónditos vieiros
do ilímite universo
e o celeste segredo no teu corpo se revele
definitivo como nudez
contempla sen tristeza
as criaturas que ainda se despen
con rumor de gazela secreta

cando todo
sexa para ti a extrañeza
de non saber por que
foste xerada para ser extinguida alén do tempo,
sente o vento no pasto como un abrazo vello
lembra as rotas do azul como un novo regreso
para acaso nacer

no vastísimo horto
do firmamento
na derivasen lindes
dunha criación mais vasta que o teu vello desexo
non te esquezas
de gozar de ser livre   de sentir outra vez
a luz desesperada e demente
do ébrio deus da saeta
desenterra-me do tempo

inícia-me      regresa-me

dá-me o ser

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega