BVG Atrás |
Rostro |
||
|
Texto íntegro |
|
un lugar chamado aquel sitio con secretas pinceladas nos recantos un lugar chamado aquel sitio
con secretas pinceladas nos recantos
voces que veñen e van na travesía
e bramidos nus nos buratos
das esponxas
unha praia chamada rostro
na amnesia dos vivos
perdura o sal de labios tolleitos
ollares de esguello
e roupas de gato
naquel sitio alcumado lugar
a vella pousa o cu octoxenario
no tallo de mirar cara á fóra
no mar do rostro
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |