Sobre a raiba e outros prolegómenos

 

(Texto íntegro)

 

v3minusbálidosobrearaibaeoutrosprolégomenos.html
     Residimos na envexa, rúa mesma na que chove e non nos preocupamos de moitos tipos de endivias, chícharos e chicharróns, sucedemos aos finais, reptamos coma aves que isolagan nosos martirios e poucas veces en paz ensanchámonos cara a encriptada lúa que nos conmove literariamente.
     Abducidos polos nosos pasos esmagamos miles de pingas de suor e rímonos no solpor cando menos nos soñamos. Ás veces danzamos.
     Cando corremos con catro patas, non aullamos senón ruximos comos se tratáramos de tatexar algo entre a rectitude do salón.
     Funcionamos para diversos reinos de "San Dios" e fumamos sen branquias nen balón de osíxeno, xa que nolo raptaron ao nacer coa partida de tute que non ousamos perder. Mesclamos política con fútbol e engadímoslle dous de azúcar por se acaso a mochila (ou macuto) que levamos non pesara tanto.
     Temos vocación de fodidos e con pleno orgullo berramos: non hai papel!
     Para que logo digamos que non estamos coibidos sen manta. Apagamos cigarros, envolvemos regalos e felicitamos ao ano gracias por existir e facernos non rebentar de emoción. Claro vemos cando hai sol, vémolo negro cando apagamos a lus. Exalamos con contagotas alcohol-amor engaiolado de panos brancos e medicamentos con maquillaxe, logo trememos e nos escondemos nas pálpebras máxicas da canción con raíz.
     Fomos adoitando diversas formas, olores e sabores. Cando nos peiteamos miramos para o pelo sen decatarnos de que a billa está aberta e semella como que amamos o ruido de fondo.
     Cando saímos da nosa rúa camiñamos con estilo ou non pero con estilo, sen pixama, con paraugas algúns, outros non sempre e algúns refinados mollan o traxe de buceo.
Poñemos un pé diante doutro e así ata que paramos porque chegamos a onde nos levaron os pés con distintos tipos de calzado. E a noria e noria sempre e non marea.
O mar seméllanos cheo de auga e a lus apagámola ou acendémola con interruptor. O que non podemos controlar é o medo. Que resulta da simbiose de pasados, presentes e futuros.
Desgraciadamente oín cantar un blues e non era de estación.
     A xente no nadal xúntase pero non celebran manifestacións públicas. No privado énchense as copas e bátense as palmas.
     Adelgazamos cando defecamos e lavámonos cando nos duchamos. Corremos extenuados hacia a cociña e comprobamos que non queda máis pan de molde co que tirarnos en paracaídas.
     Entretanto ollou para o alto e a tella precipitóuse do faiado. Necesitaba unha viga que se posicionase arriba ou abaixo. Comentou que a chamaran a semana pasada para un traballo. Ela tiña que cruzar un lago a nado e pronunciar un alarido en directo para unha televisión local dunha localidade. Era un traballo extra para a comunidade ou sexa extra-comunitario e contou co apoio de dous focos e varias tinaxas por se afogaba.
     A min obligáronme a subir, non sei o que quería pero algo así como a liberdade-morte. Fixeron unha negociación colectiva en plan feminista-maternal e despois chorei por un pobre porque era pobre. Pero non máis que eu que aparentaba suicidios.
     Pelexei cun do meu sangue e fíxeno sangrar polo beizo pero non conseguín os meus propósitos e fun castigado.
     Mentras ollaron para o outro lado e divertíronse bebendo.
     Por que será que os grupos de rock femininos son provocativos?.
     Ansiamos por veces e tamén ao contrario que é necesario unha culler para o caldo e que non nos gustan certo tipo de comidas veladas por indixestións. Frecuentemente preocupámonos polo precio do barril de petróleo e máis polo do pan con guerra sen antonomasia.
     Por que será que os grupos de rock femininos son provocadores?.
     Ollou para abaixo e do cuartel da garda civil saiu un patrol con noces hacia o campo de esquíos con capas enchidas de copos e frío.
     Ela era pálida e enternecedora, berraba para poder afonárse e facía metáforas pírricas e grandilocuentes, despois durmía no sofá. Gustábanlle as patacas fritidas ou chips e mesturaba aromas entre bostezo e bostezo, máis tarde pedía que non bombardearan de racimos ás uvas da última colleita de barrantes que quedara esparcida na camisola daquel neno saharahuí que che vín as intencións.
     Sentámonos nas mesas en repetidas ocasións e preguntámonos para que valen as cadeiras ou sillas en Brasil.
     Apuntámonos todos ao sinalar onde queda a rúa leituga mentras os interrogantes rínse entre dentes, con encías da nosa caspa que inunda as levitas do dalai lama pequeno.
     Sensabores son algúns iogures que mercamos en supermercados de risa que non teñen ventilación aérea nen sequera para competir. Chamamos reaccionarios aos que reaccionan e subversivos aos malos poetas e despois veñen ladrando os asalta-ollos de goma que fan "guau, guau" e destrozan postos de traballo que non de droga.
     Ía nun automobil pero non lembro nada, ía hacia a capital do imperio grego e levábanme homes do meu sangue. Había que determe pero aceleraban e ao chegar a ese lugar, fun hóspede de hóspedes e deixáronme na gloria (que non é a muller do Xacinto) cun pinchazo (gracias). Así espertei tres días despois (segundo dín).
     Pero xa sei que non son Xesucristo, porque teño apelidos, ademáis non nacín morto senón que visito os polos (segundo dín).
     Aterraremos na terraza e romperemos o irrompible para poder mendigar mellor e que nos poidan ofrecer un vaso máis dese licor ao rematar de xantar eructaremos e brindaremos con auga rás, o suficiente para poder voar nun avión pilotado por cazas e así cambiaremos de canal só para ver os anuncios, ou precios abusivos dos abusóns con levita que teñen pés de formigón. Pero non subas nese ascensor ou rexeitaremos o obvio e partiremos a lugares inzados coma supramundos sen bandeiras.
     Atraganta o ar do vello este debería usar un mellor dentífrico e deixarse de retranca con gheada.
     Co polvo nos ollos non se pode ver, coas luces apagadas con linterna sí. Endexamáis vín o lobo pero ensinéille os dentes de serra para que non espertara do seu letargo e non se trabucara o ler letras do abecedario ou do alfabeto.
Noite e día se me foron os recordos e non lembro máis que me cortaran o pelo e que gustosamente duchábanme en auga fría para que espertara, o malo e o extraño e que despois tiña ganas de dormir. Ás noites entraban e abalanzábanse con correas e bacenillas, xa que eu mexara na parede a oscuras só no meu cuarto.
     Querían facer de min unha bombilla pero creo que non foron as mellores vacacións que pasei. Preferín aquela vez no faiado dalgunha casa, a aquelas tortiñas non de mel senón de meixelas ao doce son de "besos, ternura que derroche de amor cuanta..."
     Deberíamos brincar todos á vez e logo aplaudir agachados nalgún recuncho do bater de casa e non mirar aos morcegos á cara senón talar as rixideces e profanar as tumbas silenciadas coa desmemoria do medo a recordar. Así felices por reptar e nadar neste mundo de tiburóns e cágados.
     Ela extrañada riu ata abasallarse e despois fíxose señora para que as zarpas dos falanxistas non a puideron tocar.
Gustáballe que a noite fora noite e a calor, calor e ademáis vía a chuvia no cristal e non choraba senón que danzaba conmigo e quedamos atrapados no ascensor.
     Gracias as novas tecnoloxías deberemos orar con catecismos electrónicos e berrar amplificadamente para que nos oian en Estambul.
     Pacen as vacas e miauñan as gatas esperando que o sol anuncie o novo día. Ese día no que deberemos algún diñeiro ao banco, ao estado, a alguén...
     Que máis tén o vaivén do tren se temos unha forma de rir intransferible e sabemos de onde veñen as tortas de chocolate. Cuspir e remendar son bós pretexto pero máis salientable paréceme o abrazo da media noite coa media naranxa que proporciona vitaminas de abondo para comer as ansiedades que como nas capas de superman que uso como mantel.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega