Testamento (Un futuro para a lingua)

 

[Texto íntegro]

 

v9chaoregounfuturoparaalingua
Testamento

Eu, Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932, perante o notario declaro:

Que sempre menosprecei, un algo máis da conta, o diñeiro e as posesións dos que é modesta administradora a miña muller, Sari. Dun seu anterior matrimonio é filla Sara, que me distingue co título honorífico de pai. Casou con Luís, e teñen dous fillos que me chaman avó e así, sen dispendio xenético ningún, pasei a ter netos.

A eles, roi e Iria, lego o meu modesto capital simbólico: senllas sandalias e un camiño, o que eu mesmo fixen peregrinando pola Terra Chá ata o sue extremo na serra de Meira, no Pedragal de Irimia, onde nace o Pai Miño. Alí me bauticei simbolicamente -"Eu renazo galego"- e, tralo casamento da galeguidade e a fe cristiá, recobrei a fala. Queiran, Abraham e Breogán, que os meus netiños, xa encamiñados, se vaian facendo irimegos, da familia de crentes galegos.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega