Uxío

 

[Texto íntegro]

 

E aínda hai de ti a lucencia no solar da casa baleira

E aínda hai de ti a lucencia no solar da casa
baleira, nese cuarto das albadas cando abren
os paxaros o cíber e a tenda de ocarinas.
E todo pasa, acontece o sol no parteluz
para o retrato do neno grande do Courel
que tanto sabe a pan
e canta e fala e soña e palabrea coas nebras
cara ao tempo que espelle e sexa a tal xeración
dos obradores da voz en vó coma estornela:
Parada, Folgoso, Pía Páxaro, Seoane...
unha fartura de ouriolos a inquirir contigo

                                     .....Galiza "quen te salve"!

Agolada, 3 de decembro 2006










 

 


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega