Xenreira que se forma nas tripas

 

(Texto íntegro)

 

v1alfonsorodrirodrixenreira.html

Xenreira que se forma nas tripas
Cando ves sangue e destrucción
Ao redor, en todos os lugares.
Crecendo con pedras nas mans
Con metal nas mans
Con metais non preciosos na cabeza
Non comprendendo por que non hai paz
Para a túa cabeza, para a túa familia
Para a túa irmá e para os teus amigos.
Morrendo amigos, morrendo familia
Morrendo a infancia, morrendo as ilusións
Ansiando a vinganza
(paradoxa)
Forxándote un porvir como enemigo á
Estrella mortuoria de goliat.
Por que non vas a escola?
Por que non tes casa?
Ou se a tes
Onde está o faiado?
Non podes subir a él
Só podes masticar a terra que non te pertence
E a raiba que te provocan
Chorar sangue e entranas.
Non comprendes e odias, odias, odias.
O teu futuro pode ser a morte por unha bala
Ou podes buscar ti mesmo a morte e a bala
Desesperadamente por ansiar
Sinxelamente
A razón do teu fogar
Do teu sitio no mundo.

                                                                      Acaso é un delito
                                                                      Ser palestino e... neno?


 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega