Manuscrito atopado nun espello retrovisor

 

(Texto íntegro)

 

v2gonzalonavazamanuscrito.html

Só nas lareiras do pasado arde
o lume de sempre é cedo, nunca tarde.
Debulladora insomne, a man do tempo
depenica gran a gran o esquecemento.
Mais rebelde e teimoso, o corazón humano
remonta con palabras o río heraclitano
e na ansia que leva ata a boca a canción
oficia o seu milagre da transubstanciación
das bágoas de hoxe en neves de antano.
E as sedes en auga de primixenia fonte
e as sombras en luz de mañá luminosa.
E sementa unha rosa
no xardín imposible das primaveras de onte.

Voan andoriñas brancas cara ó país da infancia
e voltan co verán para medir a distancia.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega