Prometea Multitúdina

 

 

v2chuspatoprometeamultitudina.html

esta frase
... a partir do espíritu da música
impídeme (e non porque reflexione sobre ela, senón como un vivinte /físico/
obstáculo ou valo transparente, de fermosura)
continuar
e detén o tempo
faino de imposible medición e progreso

e caen as murallas de Xericó

onde "música" debe interpretarse "espíritu da abundancia"
















. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

















-¿é vostede unha persoa que escribe para outras persoas?
-non, non son unha persoa que escriba para outras persoas
-entón ¿para quen escribe?
-escribo porque a linguaxe se me impón
-¿cómo aos demais?
-non como a todos os demais, moitos entre os demais non producen linguaxe
-esa obriga ¿é un xeito de apareamento?
-non, pode ser tan só un galanteo; en todo caso linguaxe, autora e lector son os tres suxeitos e igualmente necesarios ¿escóitasme lector?
-preséntaselle como un acto amoroso?
-como unha paixón máis ben, como se ofrece un edificio, unha acción moral, un padecemento, unha dor
-a súa inclinación ¿é correspondida?
-na mediada do meu talento
-escribe pois para todos
-para todos non, para algúns, para aquelas que decidan acompañarme na aventura
-pero exactamente ¿cómo triunfa este agrado?
-como o señor de Nemours prevaleceu ante o seu amor, é decir como o empeño máis violento, menos natural e mellor fundado do mundo
















. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

















(Percy Bysshe Shelley: algúns dos seus pesonaxes deciden trasladar a súa voz a este "buque sen dríadas")


DEMOGROGÓN: ¿ti ouviches? ¡xa lle vale a esta tía! vén de reducir a poesía romántico-sublime a un repertorio de consignas e logo afirma que as empresas son o paradigma dos concursos de palabras
ESPÍRITU DE ASIA: ela fala da construcción dunha ponte; desde os cataclismos a outro lugar, un vilar que non existe, que só o poema imaxina, unha desutopia
DEMOGORGON: pero os "poetas" (paradisíaco-ágrafos, naturais) seguen a crear fermosísimos poemas
PROMETEA MULTITÚDINA: a eles non lles estoupa a monstruosidade do ser, a beleza do ser no corpo, nas palabras
IONE-OCEÁNIDA: ela non fala de "creación", nin dun abismarse ante unha natureza sinxelamente desmesurada; ante un número sinxelamente infinito, nin da angustia ante a sospeita de que a imaxinación non poida cubrir o salto
DEMOGORGÓN: ¿e os sindicatos? os seus líderes sosteñen que o movemento obreiro xa non existe e que a política de estado e loita obreira son o mesmo
ESPÍRITU DE ASIA: os sindicatos, na súa maior parte, son empresas, torneos televisivos
DEMOGORGÓN: poderiamos excavar galerías subterráneas
IONE-OCEÁNIDA: ela aprendeu máis, sabe que ten que conducir Transportes de superficie


                                                                                     (fin da segunda escena)
















. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

















pero os meus ósos non se atopan en oposición ontolóxica coa miña carne
a aceda terra da miña sonosfera nai devora obscenamente o meu alegre esqueleto

                                                                                     (sobre a dor e aprendizaxe do espacio)

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega