De amor? Un

Aeragar (e (-) g)

n2aeragardeamor.html

Ben se ve que esto non é xeito.
Gindar un croio coma se un alma fose
(ou mentira)
a un morico de esterco.


E ben ves?
                   —tanta fermosura
no vivir.




Ir indo torpe
no desalento
tan inimaxinado
que nin noxo da.



Exprexión máxima,
ou cumio destes principios
(impostos pola razón).

E todo por eso, esto ou aquelo
que
podemos querer decidir
chamar amor
te
...nte!
E olla, roe aire, cheira
a vida de magnolias tristeiras
ou ácedos saborosos,
táctiles peregrinacións,
tersos coirachos, e?
inmersións tan subcutáneas
como pupilas no mar dos ollos cantando
neste cara a cara,
tan común e cristianamente rebouzado.
Ei vai pois o balanze axeonllado
ou a simetria das ondas do mar pequeneiro.
Agora labranza acangrexada:
fetal posición ou cátedra en personificación.
Tamén na evolución humana
e na impotencia das verbas que non collen
na extensión desmesurada e
estarricamento nesta presa de amor
te.


Quero phoder,
dicir que te quero.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega