A indulxencia

Alicia Rey

n2aliciareyaindulxencia.html

A indulxencia da túa mirada
bañou de luz incandescente
a rosa pechada dos meus beizos.
E ameite,
coa premura calada
dunha tarde de inverno
bañada de sol nacente.

Ti puxécheslle ás ó vento
con silandeira mestría,
vestíchesme de plumas brancas.
E amáchesme,
coa calidez dun ceo,
fiado de liñas francas,
abríchesme un novo día.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega