Boneca rota

Ana F. Faya

n2anafayabonecarota.html

Ao filo da noite
agarro-me a estructura
do ponte que retembla
ao paso do tren,
e así, soa e sin medo
o único que penso
que hoxe estou aquí,
que existo
con un triste recordo,
de aquela vella "nani"
boneca rota,
a que lle faltaba
un brazo u outra cousa,
e a xente tiraba ao lixo,
¡¡non serves para nada
boneca rota!!

Cambiaronme a roupa
polos seus modelos novos,
levaron-me ao "colexio"
a poñer os acentos,
de aquel idioma extraño
que para min, era un tormento.

Dixeron-me : Non comas esas cousas,
non fagas esos xestos,
non penses, obedece, aprende ...

E cando xa non poiden
soportar ese inferno,
rebeléime e dixen:
—son unha persoa e penso,
negome a renunciar
a miña cultura
a miña identidade
o meu credo.


E entón tiraronme
como a un xoguete vello,
e fun escarnecida
e ferida con tormento
e por riba cunha arma
que é legal

¡¡ a INTOLERANCIA !!

palabra vil, desprecio.

E agora, morro,
escoito a palabra,
e penso, que non é o tren
que pasa,
son eu,
a que tremo.

Ao filo da noite
no medio deste inferno
de xente intolerante,
ainda me queda un alento
e berro ca miña alma

¡¡non son una boneca rota,
son unha persona e penso!!


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega