Sei

Ana María Cibeira

n2anamariacibeirasei.html



por fin serei miña
sereísima
pantasma de cantas codicias haxa
nin social nin moitas
unha soa cara lavada
de beizos pintados

reptando en parís o vestido
fumando no nova york prohibido
soñando na casa morta
agora que saboreo
un bonito final
que é despeinar rítmica
as plantas subacuáticas
coas pernas que escaman a dor

mais ó fin miña
intensamente soterrada
escura de polpa
onde a mazá é rota por estes labres
a punto da explosión.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega